Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 117/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Servero Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións que seguen:

-Modificación L.M.T. a 20 kV, dobre circuíto, de subestación de Mesa-Santa Mariña-Límite provincia de Lugo, expediente 9.904; substituirase un circuíto de LAC-80 por outro de LA-180 desde a subestación ata o apoio nº 45 de 4.227 metros.

-Ramal de nova construcción a 20 kV de LA-180 que parte do apoio anterior nº 45 e une coa L.M.T. existente Barqueira Vella a Mera de Arriba, expediente 7.109, de 529 metros.

-Modificación L.M.T. aérea, a 20 kV, denominada Somozas-Xibarido-Seixas, no tramo de C.T. Somozas a polígono industrial en LA-180 de 939 m de lonxitude nos concellos de Ortigueira e Somozas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 20 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña