Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 9/1995).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Servero Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 2.261 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 9 da liña C.T. Pena-Aríns (expediente 51.655) e remate nos centros de transformación en Monte do Gozo, denominados anfiteatro, zona residencial, camping e arcebispado. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 2 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña