Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.927

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (95/1990).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela,

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 95/90, por instancia do Banco de Crédito Industrial, S.A., representado polo procurador Paz Montero, contra Manuel Mejuto Lorenzo e Laura Parga Reboredo, nos cales se acordou sacar a poxa pública, polo prazo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 24 de abril de 1995, as 11.30 horas, na sala de audiencia desta xulgado, polo tipo de 13.735.200 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de resultar deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo 19 de maio de 1995 ás 11.130 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por canto do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-De resultar deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 13 de xuño de 1995, ás 11.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para poder tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -a excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o vinte por cento do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584/17/0095/90, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa entendéndose que todo licitador os acepta como bastantes, sen que poida esixirse ningún outro, e que

as cargas e gravames anteriores, e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderanse facer ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de ter que suspender calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración ó día seguinte hábil dentro da semana en que estea sinalada a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, salvo a que corresponda ó mellor licitador, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga, e se é o caso como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o pide o acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa abriga e desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no inmoble ou inmobles poxados, e se é o caso, a publicación desta edicto serve como notificación dos sinalamentos.

BENS OBXECTO DE POXA

Piso terceiro da casa número 24 da rúa prolongación da de Médico Durán, na Coruña. Inscrita no Rexistro da Propiedade número un da Coruña, libro 544, folio 118, volta, predio número 32.620, inscrición quinta.

Valorado en 13.735.200 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o un de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado