Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.928

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (645/1990-5).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela.

Fai saber: que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 645 de 1990, por instancia de Caixa de Aforros de Ourense, representada pola procuradora Sánchez Silva, contra José Manuel Landeira Barbeira e María Encarnación Iglesias Calvelo con domicilio nos Anxeles, Brión, A Coruña, acordou a celebración da terceira poxa pública, anunciándoa con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en terceira poxa o próximo día 12 de maio de 1995, ás 10 horas, na sala de audiencia desta xulgado, sen suxeición a tipo.

Segunda.-Para poder tomar parte na poxa tódolos licitadores -a excepción do acredor demandante deberán consignar previamente a cantidade de 2.168.250 ptas. (20 por cento do tipo da segunda poxa), suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións desta xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número de expediente ou procedemento seguinte: 1584/18/0645/90, presentando o resgardo de ingreso.

Terceira.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexan tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastantes, sen que poida esixirse ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores, e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Cuarta.-Poderanse facer ofertas en prego pechado e o remate poderase facer coa condición que llo ceder a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da Lei hipotecaria.

Quinta.-No caso de ter que suspenderse a poxa, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que estea sinalada a poxa suspendida.

Sexta.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, salvo a que corresponda ó mellor licitador, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga, e se é o caso como parte do prezo da venda.

Séptima.-Se o pide o acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que asi o acepten e que cubrisen coas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde delas.

Oitava.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no inmoble ou inmobles poxados, e se é ó caso, a publicación desta edicto serve como notificación dos sinalamentos.

BENS OBXECTO DE POXA

Urbano: Nave destinada a almacén, de planta baixa, no sitio de Agra da Gándara. Ocupa unha superficie de seiscentos noventa e catro metros e oito decímetros cadrados. Ten como anexo un terreo polos seus ventas norte, leste e oeste, destinado a toxeira. Mide o terreo anexo tres áreas seis centiáreas e noventa e dous centímetros cadrados. Está situada a edificación a nove metros e medio da estrada que

constitúe o lindeiro leste do predio, cara á parte suroeste del. Linda o conxunto: norte, na liña de corenta e cinco metros, Luis Reboredo Arca, Luis Mesías Muñiz e David Mirazo Angueira; sur, en liña de corenta e seis metros, Manuel Barbazán Ramos, hoxe os seus herdeiros; Álvaro López Nimo hoxe tamén os seus herdeiros, e José Antonio García García; leste, en liña de vintedous metros, estrada de Negreira á Picaraña; e leste, en liña de vintedous metros, José Cajuso Castro.

Título: en canto ó chan, o de compra, constante matrimonio a Ramos Tomé Esparis, en representación dos esposos José Antonio García García e Manuela Tomé Porto, a medio de escritura outorgada ante o notario de Negreira Lesmes Gutiérrez Rodríguez-Moldes, o día 17 de marzo de 1986, número 334 de protocolo; e en canto á nave, o de declaración de obra nova autorizada polo notario de Padrón Álvaro Moure Goyanes, o día 29 de abril de 1987, número 627 do seu protocolo.

Está inscrita no tomo 603, libro 129, folio 248, predio 13.927, inscrición 3ª.

A hipoteca está inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, municipio de Brión, tomo 720, libro 135, folio 145, predio 13.927, inscrición 4ª.

Dado en Santiago de Compostela o dous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado