Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.927

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (229/1994).

En virtude do acordado por Eva Doval Lorente, xuíza en funcións no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 229/1994, a instancia de Jackeline Lobelos González, representada pola procuradora Peleteiro Bandín, por medio da presente cédula emprázase o esposo demandado, José David Martínez Bustamante, maior de idade, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que, no improrrogable termo de vinte días, compareza en autos, constituíndose en parte, e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e non facerlle outras notificacións cás sinaladas na lei.

Fáiselle saber que as copias de demanda e dos documentos se atopan á súa disposición na secretaría desta xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento en forma ó referido demandado, expido e asino a presente en Ribeira o tres de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Elma Ojea Muñiz

Secretaria xudicial