Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.905

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.110 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial, por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Remesar e Guimarás en Pantón, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 555 metros. Centro de transformación, á intemperie B2, de 50 kVA. 20.000, 398/220 V. Redes de baixa tensión, de 1.521 metros de lonxitude, conductores 2x25, RZ-25-50-95, no concello de Pantón.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 6 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo