Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 167/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor RZ de 25 mm e 1.036 m de lonxitude, discorrendo polo lugar de Capela de San Pedro. Mañón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña