Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:
Liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor RZ en seccións 150, 95, 50 e 25 mm, de 2.247 m de lonxitude, con orixe no C.T. Vilar e discorrendo por Vilanova (Oleiros).
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 2 de febreiro de 1995.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña