Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:
-C.T. tipo interior no edificio Rey Barral, sito na ponte da Pasaxe, concello de Oleiros, de 1.000 kVA a 15.000±2,5-5%/398-230 voltios.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 27 de xaneiro de 1995.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña