Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.905

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución das instalacións eléctricas que se citan (Expedientes número 52.845, 52.846, 52.847 e 52.848).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Expediente 52.845. Rede de baixa tensión a 380/220 voltios dos lugares de Castro e Cerdeiras, de 402 e 389 m de lonxitude cada unha e saen dos CC.TT. de Montouto e Ventosa, en conductor RZ. Concello de Santa Comba.

Expediente 52.846. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 474 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3(1x95 mm) Al, que sae do C.T. 3ª Idade e remata no C.T. Breogán. Concello de Santa Comba.

Expediente 52.847. C.T. Breogán de 250 kVA. Tipo interior a 15/20 kV. B2 emprazado na rúa Breogán. Concello de Santa Comba.

Expediente 52.848. Rede de baixa tensión a 380/220 voltios que sae do C.T. Santa Catalina de

375 m de lonxitude en conductor RZ. Concello de Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña