Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.902

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución das instalacións eléctricas que se citan (Expedientes número 50.140, 51.628 e 52.376).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Expte. 50.140. Concello de Mugardos.-Liña subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo, conductor R.H.V. 3x95 mm Al, de 460 m de lonxitude, con orixe no centro de transformación r/ María (expediente 7.020) e remate no centro de transformación Travesía de Portela (expediente 50.133).

Expediente 51.628. Concello de Culleredo.-Modificado ó proxecto existente do mesmo número e que consta de: liña aérea de media tensión a 20 kV, en apoios metálicos e de formigón, conductor LA-56, de 280 m de lonxitude, con orixe na liña Conduzo-Vilaboa (expediente 25.789) e remate en Castro.

Centro de transformación aéreo, de 50 kVA en Castro.

Expediente 52.376. Concello da Capela.-Liña aérea de media tensión a 15/20 kV en apoios metálicos e de formigón, conductor LA-56, de 275 m de lonxitude, con orixe na liña Vilasuso-Calzados e remate en Vilasuso-Piñeiro.

Centro de transformación aéreo de 50 kVA en VilasusoPiñeiro.

Rede de baixa tensión en apoios de formigón e conductor RZ, de 705 m, de lonxitude en Vilasuso-Piñeiro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 18 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña