Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.902

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 104/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liñas elétricas de media tensión, a 20/24 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al as subterráneas e LA-110 as aéreas:

-Subterránea, de 525 m de lonxitude, en dobre circuíto, con orixe na subestación de Porto do Son e remate no apoio existente liña Porto do Son-Noia (expediente 24.737).

-Subterránea, de 185 m de lonxitude, con orixe na subestación de Porto do Son e remate no apoio nº 1 da seguinte liña:

-Aérea, de 628 m con orixe na subterránea citada inmediatamente antes, sobre apoios de formigón e metálicos e remate na liña Boiro-Porto do Son (expediente 33.987). Porto do Son.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismo ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 19 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña