Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.898

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de marzo de 1995 pola que se clasifica como cultural a fundación Raquel Chaves.

Visto o expediente de clasificación da fundación Raquel Chaves, con domicilio en Vigo rúa Conde de Torrecedeira nº 115, portal 2, 59 LL.

Supostos de feito.-

1.-Que Antonio Manuel Chaves Cuiñas, en escrito do 16 de novembro de 1994, formuleu solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2.-Que a fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo o día 7 de novembro de 1994 ante o notario do llustre Colexio da Coruña Alejo Calatayud Sempere, co número tres mil cincocentos sesenta e seis do seu protocolo, por Antonio Manuel Chaves Cuiñas e María Paz Fernández Fernández no seu propio nome e dereito e en nome e representación de Adrián Chaves Fernández e Andrés Chaves Fernández.

3.-Que, segundo consta no artigo 3 dos seus estatutos o obxecto e finalidade da fundación é, entre outros, a preservación de xogos e xoguetes antigos e de colección, como bens de interese cultural e pedagóxico.

4.-Que o padroado da fundación estará constituído por Antonio Manuel Chaves Cuiñas, como presidente, Maria Paz Fernández Fernández como secretaria, e Adrián Chaves Fernández e Andrés Chaves Fernández, como vocais.

5.-Que a comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevou ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como cultural da fundación Raquel Chaves, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1 e 2 do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.-

1.-Que o artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e que o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia lle outorga competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2.-Que, de acordo co disposto no artigo 32.2 c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3.-Que, á vista do que antecede, se pode considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa

proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 27 de febreiro de 1995.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como cultural a fundación Raquel Chaves, adscribíndoa á Consellería de Cultura, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública