Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 1995 Páx. 1.898

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 72/1995, do 10 de marzo, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Montpellier (Francia), é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

DISPOÑO:

Artigo único:

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Montpellier (Francia), encárgase o despacho de asuntos da Presidencia, desde o dia trece de marzo ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, dez de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente