Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALGA

ANUNCIO de licitación.

1.-Obxecto. A adxudicación mediante concurso da obra de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Vilar.

2-Tipo de licitación: 8.415.000 ptas.

3.-Prazo de execución: 3 meses.

4.-Fianzas. Provisional: 168.300 ptas. Definitiva: 336.600 ptas.

5.-Expediente: Na secretaría do concello.

6.-Presentación de propostas: Durante o prazo de 10 días hábiles a partir da publicación do derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

7.-Modelo de proposición.

Modelo de proposición económica:

Don/dona..., maior de idade, con DNI nº..., con domicilio para efectos de notificacións en..., municipio de..., teléfono... en nome propio (ou en representación de...), informado/a do anuncio de licitación por concurso..., toma parte na licitación, para o que fai constar:

1.-Ofrece o prezo de... pesetas, IVE incluído (en letra e número).

2.-Achega, en sobre á parte, a documentación esixida nos pregos de condicións.

3.-Coñece e acepta en tódalas súas partes o prego de condicións económico-administrativas, e declara que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas para contratar co Concello de Valga.

Lugar, data e sinatura.

Sr. alcalde-presidente do Concello de Valga.

Valga, 17 de febreiro de 1995.

José Mª Bello Maneiro

Alcalde de Valga