Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso.

1.-Obxecto do contrato. O obxecto do concurso é seleccionar e contrata-la asistencia á Deputación para a organización das exposicións que realizará a Deputación da Coruña durante o ano 1995.

2.-Orzamento.-O orzamento máximo de execución do contrato é de 20 000 000 de ptas (IVE incluído).

Tendo en conta que o contrato poderá adxudicarse a unha ou varias empresas o orzamento de cada un dos proxectos de exposición non poderá exceder de 5.000.000 de ptas.

3.-Prazo de execución.-As exposicións seleccionadas realizaranse durante o ano 1995.

Cada exposición estará aberta ó público un mínimo de 15 días.

4.-Proposicións.-Documentación:

Os participantes no concurso deberán presenta-la seguinte documentación:

A) Sobre A) Oferta económica:

O anverso do sobre levará a mención «Proposición económica para tomar parte no concurso para a realización do programa de exposicións da Deputación da Coruña durante 1995».

Dentro do sobre figurará a oferta económica axustada a este modelo:

Don/dona..., con domicilio en..., rúa..., nº..., código postal..., con DNI nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., con domicilio en..., rúa.... nº..., código postal...) toma parte no concurso para a realización do programa de exposicións da Deputación da Coruña durante 1995, e fai constar que coñece e acepta o prego de condicións e que se compromete a realiza-los devanditos traballos con suxeición ás referidas cláusulas no seguinte prezo... (IVE incluído).

O licitador (asinado e rubricado).

No caso de que se presenten ofertas para varios proxectos deberán especifica-los prezos para cada proxecto e o prezo total.

Sobres B) e C) coa documentación esixida na cláusua 10 do prego de condicións.

5.-Clasificación.-Grupo III, subgrupo III, categoría B.

6.-Fianza provisional.-Non se esixe.

7.-Fianza definitiva.-4% do importe de cada adxudicación.

8.-Prazo de presentación.-A documentación presentarase na Sección de Patrimonio e Contratación no prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación da presente convocatoria no BOP ou no DOG.

Poderán presentarse ofertas para un ou varios proxectos de exposición sempre e cando non superen cada un dos proxectos de exposición 5.000.000 de ptas. e no seu conxunto o orzamento máximo do presente contrato.

9.-Exposición do prego.-O prego de condicións queda exposto ó público na Sección de Patrimonio e Contratación durante o prazo de 8 días para os efectos establecidos no artigo 122 do Decreto lexislativo 781/1986.

10.-Apertura de plicas.-Terá lugar na sala de conferencias do pozo provincial ás 14 horas do mesmo día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

A Coruña, 6 de marzo de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervia

Secretario