Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 49/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde os apoios 7-8 da L.M.T. ós CC.TT. Buenos Aires, Cerdedo, Costeira, etc., ata o C.T. que se proxecta en Coutiño-Dornelas, concello de Mos.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 362 m de lonxitude, con conductores tipo LA-56 e apoios de formigón.

C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-398/230 V.

R.B.T., aérea, de 910 m de lonxitude, con conductores RZ e apoios de formigón.

Orzamento: 5.840.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra