Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Morgadáns que deriva na L.M.T. Vincios-Gondomar ata o C.T. que se proxecta en Couso, concello de Gondomar.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 8 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.
C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15/20-380/220 V.
R.B.T., aérea, de 690b m de lonxitude, con conductores tipo RZ e apoios de formigón.
Orzamento: 3.790.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na
Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 1 de febreiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra