Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 134 da L.M.T. existente ó C.T. Trasmañó, ata o C.T. que se proxecta en Cabeiro-Negros, concello de Redondela.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., a 15/20 kV, de 332 m de lonxitude, con conductores tipo LA-56, sobre apoios de formigón.
C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15 kV-398/230 V.
R.B.T., aérea, de 150 m de lonxitude, con conductores tipo RZ.
Orzamento: 3.855.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 31 de xaneiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra