Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (287/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, dou fe de que nos autos de que se fará mención se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o dez de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

En nome de S.M. El-Rei,

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte

Sentencia

No xuízo de faltas número 287/1994 dimanante

do procedemento seguido por discusión no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Ángel Couñago Veiga (denunciante), en paradoiro descoñecido; Ramiro Vilaboy Ramos (denunciado), con domicilio na r/ A Estrada nº 1-1º esq.; Juan Carlos Otero Ferreiro (denunciado), con domicilio en r/ Santiago de Chile nº 15-4º de Santiago de Compostela.

Decido que debo absolver e absolvo do feito orixe destas actuacións os denunciados Ramiro Vilaboy Ramos e Juan Carlos Otero Ferreiro, declarando de oficio as custas desta instancia.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría ó dispor das partes. O recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

De conformidade co disposto no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución as partes poderán interpoñer recurso de apelación para ante o Xulgado de Instrucción, dentro de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Ángel Couñago Veiga, en paradoiro descoñecido, expido o presente testemuño en Santiago de Compostela o dez de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado