Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (141/1992).

Por medio desta cédula e en virtude do acordado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia da data, dictada nos autos de xuízo verbal civil número 141/1992, promovidos por comunidade de propietarios contra Sergio Gómez Camino, Dolores Pena Piñeiro e Carlos Chorén Rosendo, sobre realización de obras indebidas, requírese os posibles herdeiros de Sergio Gómez Camino, co fin de que no prazo de un mes procedan a retira-la marquesiña e aparellos de aire acondicionado colocados sobre a fachada do edificio número 1 da praza Roxa desta cidade, levando a cabo os labores que para iso fose preciso para deixa-la devandita fachada en debidas condicións, apercibíndoos de que, de non o verificar así, se fará á súa custa.

E para que sirva de cédula de requirimento expido esta cédula en Santiago de Compostela o nove de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Camilo José García Puertas y Magariños

Secretario do xulgado