Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.849

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (241/1994-01).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo seguido ante este xulgado co número 241/1994, promovido por Fiseat, S.A., entidade de financiamento, representada polo procurador García-Piccoli, contra Muebles Junteocal, S.A. e María Elda Pajón Martínez, sobre reclamación de cantidade de 656.838 pesetas de principal, e máis 250.000 pesetas para xuros e custas, e dado que os demandados se encontran en ignorado paradoiro, por medio deste edicto cítase os ditos demandados, co fin de que no termo improrrogable de nove días comparezan en autos en legal forma, mediante procurador e letrado, e se opoñan á execución se lles conviñer, facendo constar que as copias da demanda e documentos se encontran nesta secretaría ó seu dispor e apercibíndoos de que, de non compareceren, serán declarados en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volvelos

citar nin facerlles, outras notificacións que as que determine a lei.

Faise constar que, sen previo requirimento de pago, se procedeu ó embargo dos seguintes bens:

-Predio urbano número vintetrés no réxime de propiedade horizontal dun edificio (antes denominado U-2-A), construído sobre parte da parcela U-2 do polígono dos Tilos, parroquia de Cacheiras, concello de Teo, do corpo do edificio orientado ó sur, vivenda situada na sétima planta desta corpo, á esquerda mirando para o mesmo desde o sur. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, predio número 18.308, folio 157 do libro 174 de Teo, tomo 536 do arquivo.

Mediante o presente edicto notifícase a existencia do procedemento ó esposo da executada, Pajón Martínez, Jesús Juncal Ríos, para os efectos previstos no artigo 144 do Regulamento hipotecario.

Así mesmo tamén se lle notifica a ampliación da execución despachada na contía de 31.278 pesetas máis de principal do novo prazo vencido o día 21 de novembro de 1991.

E para que así conste e sirva de citación en legal forma ós demandados en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o seis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado