Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (420/1994-01).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fugo saber que, en virtude do acordado en autos de xuízo executivo, seguidos ante este xulgado co número 420/1994, promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense, representada pola procuradora Sánchez Silva, contra Ángel Lourido Mosquera e Francisco Barreiro Lojo, nos cales, e dado que o demandado Ángel Lourido Mosquera se encontra en paradoiro ignorado, por medio do presente edicto cítase o dito demandado, co fin de que no termo improrrogable de nove días compareza en autos en legal forma, mediante avogado e procurador, e se opoña á execución se lle conviñer, facendo constar que as copias da demanda e documentos se encontran nesta secretaría ó seu dispor e apercibíndoo de que, de non comparecer, será declarado en rebeldía e

o xuízo seguirá o seu curso, sen volvelo citar nin facerlle outras notificacións que as que determine a lei.

Faise constar que sen previo requirimento de pago se procedeu ó embargo da parte proporcional do soldo que poida percibir como empregado da Televisión de Galicia.

E para que así conste e sirva de citación en legal forma ó demandado en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto, do que dou fe, en Santiago de Compostela o dous de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado