Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.850

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (335/1994).

Acordado así polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, por providencia do día da data, dictada en xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 335 de 1994, sobre resolución de contrato e outros extremos, sendo demandante María Dolores Míguez Iglesias, representada pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva, contra Viviendas 2001, S.A. e outros, por esta cédula emprázanse os demandados con domicilio descoñecido José Abalo Dasilva, Josefa Miguéns Rodríguez, María del Carmen Lorenzo Fiuza, Jesús Díaz Laso, José López Pestonit, María Paz López Pestonit, María Consuelo López Pestonit, Encarnación López Pestonit e a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Francisca Barral Ares

e María Victoria Pestonit Barral, para que dentro do prazo de vinte días contesten a demanda e comparezan en autos, en forma legal, baixo apercibimento de rebeldía e de producírlle-los prexuízos a que haxa lugar.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 1995.

A secretaria

Rubricado