Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.847

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (59 e 184/1994).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, Serrano Arnal, en autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 59 e 184/1994, por instancia de Manuel Parente Quintáns, contra Isolina Parente Quintáns, Baltasar Losa Bermúdez, Carmen Quintela Parente, María Luz Losa Quintela e toda persoa descoñecida e incerta que puidese ter interese neste preito, sobre nulidade de partición e outros extremos, por esta cédula emprázase a toda persoa descoñecida e incerta que puidese ter interese neste preito para que no prazo improrrogable de dez días compareza nos autos por medio de procurador que o represente en legal forma, baixo apercibimento de que se non se fai no prazo indicado continuará o xuízo na súa rebeldía e sufrirá os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino esta cédula en Negreira o 6 de febreiro de 1985.

O secretario

Rubricado