Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.848

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (459/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data, dictada en autos de xuíz de desafiuzamento nº 459 de 1994, notifícaselle ó demandado Francisco Valeiras Sánchez a sentencia dictada neles, que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia nº 1 desta citade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de desefiuzamento seguidos neste xulgado baixo o nº 459 de 1994, entre partes, dunha, como demandante, María Mercedes Castro Castelao, veciña desta cidade, con domicilio en r/ Doutor Teixeiro, nº 35-1, representada en autos pola procuradora Sánchez Silva, asistida do letrado Íñigo de Muniozguren, e da outra, como demandado, Francisco Valeiras Sánchez, incomparecido en autos, sobre falta de pago da renda de vivenda.

Decido que, estimando a demanda formulada pola procuradora Sánchez Silva, en nome e representación de María Mercedes Castro Castelao, contra Francisco Valeiras Sánchez, incomparecido en autos, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que, sobre a vivenda sita no ático do inmoble nº 35 da r/ Doutor Teixeiro desta cidade, existe entre demandante e demandado, por falta de pago das rendas estipuladas e, consecuentemente, haber logar ó desafiuzamento do demandado da expresada vivenda, apercibíndeo de que, se non a desaloxa dentro do termo legal, será lanzado dela e á súa custa. Todo isto con expresa imposición de custas ó dito demandado.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolle saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de tres días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ó demandado Francisco Valeiras Sánchez, declarado en rebeldía, expido o presente edicto, que asino en Santiago o once de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado