Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.847

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE VIGO

CÉDULA de emprazamento (873/1994).

Por medio da presente cédula e en virtude do acordado por José Ramón Sánchez Herrero, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Vigo, en providencia desta data, dictada en autos de xuízo de menor contía co número 873/1994, promovidos por Dolores Armesto Blanco e Raimundo Filgueira Armesto, representados pola procuradora Mª Victoria Barros Estévez, contra Celia Rojo Fernández, Jaime Rodríguez Sobrino, Concepción Cartelle Rodríguez, Antonio e José Rojo Fernández, comunidade de propietarios Rúa Santiago nº 16 de Vigo e herdeiros descoñecidos e incertos de Encarnación Rojo Fernández, sobre realización de obras, notifícase e emprázase en forma legal os demandados herdeiros descoñecidos e incertos de Encarnación Rojo Fernández para que no improrrogable prazo de dez días hábiles comparezan nos referidos autos presentándose en forma, coa prevención de que, se non o verifican, recaerá sobre eles o prexuízo a que houber lugar en dereito, significándolle que as

copias simples presentadas están ó seu dispor neste xulgado.

E para que sirva de emprazamento ós referidos demandados e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Vigo o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado