Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.846

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1995 pola que se lle pon termo á convocatoria pública aberta para a provisión, polo sistema de libre designación, da vacante de interventor do Parlamento de Galicia, anunciada no DOG nº 198, do 13 de outubro de 1994.

En cumprimento do acordo adoptado pola Mesa do Parlamento de Galicia no día da data, faise pública a seguinte resolución.

I

RELATORIO

A Mesa do Parlamento de Galicia, por acordo do 27 de setembro de 1994, prestoulle a súa aprobación á convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto vacante de interventor do Parlamento de Galicia, Resolución do 28 de setembro, publicada no DOG nº 198, do 13 de outubro de 1994.

Ó remate do prazo de presentación totalizáronse cinco solicitudes, e logo de verifica-la concorrencia dos requisitos esixidos, a Mesa, na súa reunión do día 16 de decembro, designou para ocupa-la vacante a José María Ameijenda Cuns, nomeamento condicionado ó cumprimento do disposto nos artigos 22 do R.D. 28/1990, do 15 de xaneiro, e 50 do R.D. 1.174/1987, do 18 de setembro, por afectar a funcionario da Administración local con habilitación nacional, subescala de intervención-tesourería, categoría superior, en servicio activo como interventor no Concello de Carballo.

A documentación requirida nos devanditos preceptos incorporouse ó expediente tramitado con data 11 de xaneiro e 21 de febreiro de 1995.

II

PARTE DISPOSITIVA

De conformidade co disposto nas bases 6ª e 7ª da convocatoria pública inserta no DOG nº 198, do 13 de outubro, e en exercicio das atribucións contidas nos artigos 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e 53 do Estatuto de Persoal do Parlamento de Galicia, a Mesa acordou:

1º-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante, nos Servicios Económicos do Parlamento de Galicia anunciada por Resolución do 28 de setembro de 1994 (DOG nº 198, do 13 de outubro).

2º-Adxudicarlle destino no posto vacante de interventor a José María Ameijenda Cuns, da escala de funcionarios da Administración local, con habilitación de carácter nacional, subescala de intervención-tesourería, categoría superior, grupo A, co rexistro de persoal nº 3234043368 A 3013.

3º-Abrir un prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta resolución no DOG, para que se produza o cesamento do funcionario no seu actual destino no Concello de Carballo. Formalizado o cesamento, ten o prazo de un mes para a toma de posesión do seu posto no Parlamento de Galicia, de conformidade co disposto na base 7ª da convocatoria.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, de conformidade co disposto no art. 74.1 c) da Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial. O prazo é de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, ó abeiro do art. 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. De interpoñerse o devandito recurso terase en canto o establecido no art. 110.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e daráselle traslado da súa comunicación á Mesa do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia