Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.846

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de febreiro de 1995 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan (Santa María de Oleiros e once máis).

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude do concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 12 de decembro de 1994 (BOE do 3 de xaneiro de 1995), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e o Decreto da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, e demais disposicións autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-las notarías vacantes no territorio desta Comunidade Autónoma, ten a ben outorga-los nomeamentos de:

Rafael Benzo Sainz, notario de Carcaixent, 2ª, para a notaría de Santa María de Oleiros (A Coruña).

Federico-José Ramón Cantero Núñez, notario de Vimianzo, 3ª, para a notaría de Arteixo (A Coruña).

José del Cerro Peñalver, notario de Castillo de las Guardas, 3ª, para notaría de Bueu (Pontevedra).

Lino-Esteban Sánchez Cabezudo Díaz-Guerra, notario oposición Valencia, 1991, para a notaría de Muxía (A Coruña).

Alejandro-Jorge Armesto Bayón, notario oposición Valencia, 1991, para a notaría de Outes (A Coruña).

Francisco-Javier Ríos Valverde, notario oposición Valencia, 1991, para a notaría de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Francisco-Manuel López Sánchez, notario de Ferrol, 1ª, para a notaría da Coruña.

María Mercedes Bermejo Pumar, notario de Redondela, 2ª, para a notaría de Pontevedra.

José-Pedro Riol López, notario de Cangas, 2ª, para a notaría de Vigo.

Luis-Camilo Landeiro Aller, notario de Fene, 3ª, para a notaría de Narón (A Coruña).

José Prieto Luengo, notario da Pobra do Caramiñal, para a notaría de Boiro (A Coruña).

César-Manuel Fernández-Casqueiro Domínguez, notario do Carballiño, para a notaría de Nigrán (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais