Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.836

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo interprovincial da empresa Lacto Agrícola Rodríguez, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. que se suscribiu coa data do 1 de decembro de 1994, entre a representación da empresa e representación dos traballadores e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo,

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

CONVENIO COLECTIVO DE ÁMBITO INTERPROVINCIAL PARA A EMPRESA LACTO

AGRÍCOLA RODRÍGUEZ, S.A.

Vixencia do convenio: 1-1-1994 a 31-12-1995

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1.-Dereitos linguísticos. Os traballadores

de LARSA teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega e a recibir formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo, recoñecendo a empresa desta maneira a oficialidade da lingua galega e os dereitos lingüísticos dos traballadores recollidos no Estatuto de autonomía para Galicia, Lei de normalización lingüística, Lei do Estatuto galego dos consumidores e usuarios e demais disposicións legais concordantes.

Artigo 2.-A empresa fomentará o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións cos consumidores e administracións públicas en Galicia. Para os traballadores con residencia fóra da Comunidade Autónoma de Galicia utilizarase o idioma castelán, salvo problemas técnicos que puidesen xurdir.

Artigo 3.-Ámbito de aplicación. O presente convenio ten carácter interprovincial e afecta os distintos centros que LARSA ten en Vigo, Vilagarcía, Lugo, A Coruña, Ourense e aqueles outros de nova creación que no futuro poidan establecerse en calquera provincia española.

Artigo 4.-Ámbito persoal. Comprende a todo o cadro de persoal, fixo ou eventual, nas súas distintas categorías profesionais, agás os cargos directivos de director xeral, directores de departamento e directores de planta e aquelas persoas que pola súa responsabilidade e traballo a empresa así o considere, sempre con responsabilidades de xestión ou dirección.

Artigo 5.-Duración. Estipúlase un prazo de duración de dous anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 1995, excepto o incremento salarial que será revisado anualmente, pactándose de común acordo que, con antelación de dous meses á data de expiración, considérase automaticamente ata que se asine o novo convenio.

Artigo 6.-Vixencia. O presente convenio entra en vigor o día primeiro de xaneiro de 1994, calquera que sexa o día da súa sinatura.

Artigo 7.-Incrementos pactados no convenio. No presente convenio foi pactado un incremento do 4,5%, para o ano 1994 que se aplicará sobre os seguintes conceptos: salario base, antigüidade, asistencia, actividade, segundo táboas aprobadas.

Cláusula revisión salarial: ó 5%.

Capítulo II

Clasificación profesional e réxime retributivo

Artigo 8.-Clasificación profesional. Co obxecto de adecua-la clasificación profesional do persoal da empresa á que afecta o presente convenio, establécese a clasificación por grupos profesionais segundo a táboa correspondente. As categorías profesionais consignadas son puramente enunciativas e non obrigan a ter cubertas tódalas categorías enumeradas se a necesidade non o require.

Artigo 9.-Persoal con capacidade diminuída. Aquel persoal que por deficiencias físicas ou psíquicas ou por outras circunstancias non se encontre en situación de desenvolve-lo traballo para o que foi contratado, a empresa comprométese a destinalo

a traballos o máis adecuados posible ás súas condicións e de acordo á súa categoría laboral. En tódolos casos en que se presente a dita situación, a empresa, antes de adopta-la súa decisión, solicitará informe do Comité Intercentros, que deberá emitir no prazo máximo de cinco días oralmente ou por escrito a súa elección. A cualificación das condicións físicas será realizada pola Mutua de Traballo en informe escrito por médico.

Artigo 10.-Estructura salarial. Está constituída polos seguintes conceptos: salario base, antigüidade, asistencia, actividade, comisións, quebranto de moeda e gratificación de nocturnidade. A gratificación de festivos aplicarase ó persoal que habitualmente durante o ano, traballe os festivos.

Artigo 11.-Aumentos periódicos por tempo de servicios. Establécese un complenento salarial de carácter persoal consistente en quinquenios con valor do 5% sobre o salario base que corresponda á categoría e escala salarial. O número de quinquenios é ilimitado e empezarán a contarse a partir do día en que o traballador iniciase a prestación de servicios na empresa.

Os quinquenios cobraranse por todo o mes en que se cumpra cada período de antigüidade.

Artigo 12.-Gratificacións extraordinarias.

1) Gratificacións fixas. As gratificacións de marzo, xullo e Nadal, gue se cobrarán o 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro, consistirán en un mes de soldo da táboa salarial deste convenio sen gratificación de asistencia.

2) Servicio militar. O persoal que se encontre prestando o servicio militar terá dereito a percibir estas pagas. Quen leve, ó incorporarse ó servicio, menos de un ano de contratación, percibiranas na parte proporcional que lles corresponda.

Artigo 13.-Prestacións complementarias de Seguridade Social durante a incapacidade laboral transitoria en caso de accidente non laboral, enfermidade profesional, enfermidade común e maternidade.

Nestes casos o traballador percibirá as cantidades que teña sinaladas en cada circunstancia a Lei de Seguridade Social e a lexislación específica de accidentes de traballo. Non obstante, a empresa aboará desde o primeiro día en que resulte afectado por tal incapacidade, un complemento ata completa-lo 100% do salario durante o tempo en que teña dereito á citada prestación económica na primeira baixa anual, segundo estructura salarial

O período de cómputo de baixas será por ano natural, non computándose para estes efectos as baixas que tiveran inicio no ano anterior ó de vixencia de este convenio.

Crearase unha comisión de seguimento do absentismo laboral formada por dúas persoas representando á empresa e outras dúas ó comité, que analizarán e poderán adopta-las medidas que se consideren oportunas naqueles casos que así o consideren.

Se durante o período de incapacidade laboral transitoria se producisen incrementos económicos de

carácter xeral a empresa pagará a partir do día primeiro do mes seguinte ó de producirse o dito incremento a diferencia entre o que corresponde percibir ó traballador da Seguridade Social e o que correspondería percibir da mesma se causase baixa despois de producirse o incremento sen que en ningún caso a suma de ámbalas percepcións poida excede-lo tope máximo de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Artigo 14.-Quebranto de moeda. O caixeiro, o auxiliar de caixa e cobradores, percibirán mensualmente por este concepto a cantidade de 4.000 ptas. o primeiro e 3.500 ptas. os dous últimos. Así mesmo, o persoal de autovendas, vendedores e repartidores, que realiza xestión de cobro percibirá polo mesmo concepto a cantidade de 3.500 ptas.

Capítulo III

Xornada, vacacións, permisos regulamentarios recompensas, excedencias, préstamos, seguros de vida.

Artigo 15.-Xornada de traballo. A duración da semana ordinaria de traballo fíxase en corenta horas.

Na xornada continuada efectuarase un descanso intermedio de 20 minutos que se aboará como tempo traballado; pero que en ningún caso se sumará para o cómputo de horas extraordinarias para os efectos dos límites máximos legais.

A Administración central terá dereito a exercer de xornada continua entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.

Artigo 16.-Vacacións. Todo o persoal da empresa, sen distinción de categoría profesional, disporá de trinta días naturais de vacacións.

As vacacións poderanse coller nun só período continuado, podéndose pacta-lo goce das vacacións en dous períodos quedando á discreción da dirección da empresa o atender peticións para distribuí-las infraccións inferiores a dúas semanas.

Pola dirección da empresa de cada centro de traballo, tendo en conta as súas distintas características e de acordo cos representantes dos traballadores programarase período de vacacións para dispoñer delas no transcurso dos doce meses do ano, confeccionándose os calendarios correspondentes tendo en conta as necesidades da empresa os momentos de maior producción e o cumprimento das súas obrigacións comerciais e productivas.

O persoal que tendo as súas vacacións anuais ou parte das mesmas asignadas para os dous últimos meses do ano natural e non poida realizalas por encontrarse en situación previa de incapacidade laboral transitoria, poderá telas, de común acordo coa empresa, ata o último día do mes de febreiro do ano seguinte, previa aceptación por parte da empresa.

O persoal que teña a totalidade das súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, novembro ou decembro, terá dereito a 3 días naturais máis de vacacións. Quen só desfrute 15 días nestes meses, terá dereito a 2 días máis, en vez dos tres correspondentes a 30 días.

Ós autovendas, promotores e todo persoal que perci ba comisións, aboaráselles durante as vacacións, o

importe correspondente ó cálculo da media das percibidas os seis meses anteriores.

Artigo 17.-Permisos regulamentarios. O persoal da empresa, previo aviso e xustificación en legal forma, terá dereito a permiso, con percepción íntegra do seu salario, por algún dos motivos e coa duración máxima seguinte:

a) Matrimonio do traballador: quince días naturais.

b) Nacemento de fillo: tres días naturais ó producirse o nacemento. En caso de coincidir coa fin de semana e coa finalidade de axudar ás obrigacións paternas engadirase un día máis.

c) Falecemento ou enfermidade moi grave ou intervención circúrxica de cónxuxe, fillos, pais, irmáns e pais políticos: catro días naturais Se as causas sinaladas tivesen lugar en distinta provincia, esta licencia será ampliada ata seis días como máximo.

d) Falecemento de avó, neto e tío: dous días naturais. Se o falecemento tivese lugar fóra da Comunidade Autónoma, ampliarase un día máis.

e) Voda de fillo, irmán, irmán político, pais ou pais políticos: un día natural. Se a voda tivese lugar en distinta provincia esta licencia será ampliada ata tres días.

f) Exames: polo tempo estrictamente indispensable cando curse estudios e deba someterse a exames coma previa xustificación escrita ante a empresa.

g) Cargo ou representación sindical: polo tempo necesario para o desempeño das súas funcións quen ostente cargo ou representación sindical, previa xustificación e ata un máximo que determine a Lei sindical.

h) Atención de asuntos urxentes: tres días naturais ó ano cando se precise atender persoalmente asuntos propios de xustificada urxencia.

i) Mudanza de domicilio familiar: un día. En caso de traslado fóra do municipio en que se vive, será de dous días.

Artigo 18.-Premios e becas.

a) Premio de xubilación. Cando un traballador ó xubilarse ostente unha antigüidade na empresa superior ós 10 anos, percibirá un premio consistente no importe dunha mensualidade de saldo base por cada quinquenio que se acredite como antigüidade.

Este premio incrementarase excepcionalmente coas porcentaxes que se especifican seguidamente se a xubilación se solicita polo traballador ó cumprir, respectivamente 60, 61, 62 e 63 anos de idade e dentro dos tres meses seguintes á data en que cumpran as ditas idades.

Ó cumprir 60 anos: 45%.

Ó cumprir 61 anos: 40%.

Ó cumprir 62 anos: 35%.

Ó cumprir 63 anos: 30%.

b) Suxestións e propostas útiles para mellora-la organizacion do traballo e que sexan admitidas pola empresa.

Terán compensación que consistirá en becas ou viaxes de perfeccionamento ou estudios con diplomas honoríficos e cancelación de notas desfavorables no expediente persoal.

Artigo 19.-Xubilación. A dirección da empresa e os representantes dos traballadores, ante a situación de permanente adecuación do cadro de persoal para acomodalo ós niveis óptimos de emprego, acordan a xubilación obrigatoria dos taballadores ó cumprir os 64 anos de idade, sempre que o traballador non resulte prexudicado nos seus dereitos económicos ou de xubilación.

Neste caso a empresa aboará, ata os 65 anos, a diferencia que corresponda ó 100% en tódolos conceptos sobre salario neto anual. Para os casos de traballadores con 63 anos, terase sempre e cando haxa acordo entre as partes. Se algún traballador, chegada a dita idade, non solicitara voluntariamente a baixa por xubilación, a empresa deberá proceder á mesma con carácter inmediato.

Para aquel persoal que chegados os 64 anos non tivera cubertos os períodos de cotización necesarios para acadar o 92% da pensión de xubilación, a empresa comprométese co Comité Intercentros a negociar unha mellor saída para este traballador.

Artigo 20.-Excedencias. Nesta materia estarase a todo o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica de liberdade sindical, no seu artigo 9 b. A excedencia pola maternidade de 1 a 3 anos dará dereito á reserva do posto de traballo.

Artigo 21.-Préstamos ó persoal. Co obxecto de axudar ós traballadores no caso de necesidades xustificables, concederanse préstamos con interese do valor legal do diñeiro, o dito importe non excederá de 200.000 pesetas, a devolver no prazo máximo de catro anos.

Para levar un seguimento do tema, a empresa creará un fondo económico que será supervisado trimestralmente polo comité e a dirección da empresa, e por unha contía máxima de 3.000.000 de ptas. para persoal por debaixo de tres veces o salario mínimo interprofesional.

Artigo 22.-Seguro de vida colectivo. Co fin de beneficiar a tódolos seus productores cunha medida de previsión a favor dos familiares a cargo daqueles, a empresa ten concertado un seguro de vida colectivo, no que quedan obrigatoriamente integrados tódolos seus productores. O dito seguro rexistrarase polas seguintes normas:

a) Os productores de novo ingreso causarán alta como asegurados no mesmo día da incorporación á empresa.

b) Quedan exceptuados da súa integración no seguro, os traballadores que expresamente sexan contratados con carácter de eventuais, temporeiros ou interinos.

c) Causarase baixa ó producirse o cesamento definitivo na empresa.

d) Non existirá previo recoñecemento médico, nin haberá limitación de idade.

e) A contía do dito seguro será:

-Por morte natural, invalidez permanente ou laboral: 1.000.000 de ptas.

-Morte por accidente: 2.000.000 de ptas.

-Morte por accidente de tráfico: 3.000.000 de ptas.

Artigo 22 bis.-O Comité Intercentros ten intención de negociar coa empresa un plan de pensións.

Artigo 23.-Axuda escolar. Establécese unha axuda para a formación escolar dos fillos dos traballadores en idades comprendidas entre os 4 e 17 anos, ámbalas dúas incluídas, con excepción dos que se atopen traballando. Por conseguinte, será indispensable para os que teñan 16 e 17 anos, acreditar documentalmente que se atopan matriculados nun centro escolar con asistencia a clases de mañá ou tarde.

A súa contía será de 1.000 ptas. mensuais por fillo, durante os dez meses do curso escolar (setembro a xuño, ámbolos dous inclusive). Para persoal con salario menor a tres veces o salario mínimo interprofesional en situación de resultados positivos para a compañía.

Artigo 24.-Axuda diminuídos. Como prestación complementaria da Seguridade Social, a empresa aboará unha axuda de 10.000 pesetas cargo que sexa diminuído físico, psíquico ou subnormal. A cualificación de tales incapacidades será automática nos casos en que así foran recoñecidos pola Seguridade Social e noutro suposto, deberá acreditarse suficientemente mediante as oportunas certificacións ou recoñecementos médicos aceptados pola Mutua de Traballo sempre e cando non traballen.

Capítulo IV

Horas extraordinarias

Artigo 25.-Horas extraordinarias.

Mensualmente informarase ó Comité Intercentros sobre as horas extraordinarias realizadas no mes anterior.

Para os efectos previstos no R.d.l. 858/1981, do 20 de agosto, páctense como horas extraordinarias estructurais as necesarias par atender pedidos, ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da especifica natureza da actividade de que se trate, sempre que nao sexa posible a utilización doutras modalidades de contratación previstas pola lei.

O prezo unitario da hora extra será de 1.000 ptas.

Capítulo V

Formación profesional-Promoción

Artigo 26.-Formación profesional. A dirección da empresa establecerá un plan de formación, co obxectivo de proporcionar ó persoal, en tódolos seus niveis, e de forma paulatina, os coñecementos adecuados para a realización das súas funcións e o seu desenvolvemento profesional.

Decididos os plans de formación e previamente á súa implantación solicitarase do Comité Intercentros o informe que se determine no art. 64 1.3c do Estatuto dos traballadores.

Créase un Comité de Formación paritario ó asinamento deste convenio que se reunirá bimensualmente.

Para o persoal da empresa que realice cursos non contemplados nos plans de formación, en centros oficiais para a obtención de coñecementos profesionais que gardan relación directa coas actividades da empresa e teñan unha aplicación efectiva, a medio e a longo prazo na mesma, establécese unha axuda económica consistente no pago do 50% de gastos de matrícula e textos debidamente xustificados.

Esta axuda solicitarase a través dos xefes de departamento e terá que ser aprobada polo comité creado para o seu fin.

Artigo 27.-Promocións. Establécense dous tipos de promocións:

a) Por libre designación.

b) Por concurso-oposición.

a) Libre designación. Defínese como libre designación o acceso ó posto que, en razón das súas funcións e responsabilidades, son cobertos por decisión da empresa e que corresponden ós postos e categorías profesionais seguintes:

Persoal directivo, técnico superior, técnico medio, xefe de fabricación, xefes e promotores de vendas, xefe de sección, xefe administrativo 1ª e 2ª, encargado caixeiro, secretarias de dirección.

Excepto para o persoal directivo, técnico xefe, xefe de control leiteiro, xefe de fabricación e delegados, as convocatorias a estes postos faranse públicas a fin de que a xente do cadro de persoal poida acceder á selección.

b) Por concurso-oposición. Defínese promoción por concurso-oposición, o acceso ás categorías laborais non contempladas no apartado anterior, coa excepción do cambio de peón a peón especializado que será automático sempre que a persoa proposta teña unha antigüidade mínima de dous anos na categoría de peón.

Para a realización destas promocións, créase un tribunal cualificador composto por catro membros. Dous membros designados polo Comité de Empresa, dous membros da dirección, dos que un deles será o director de persoal ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente do tribunal, e con voto de calidade decisorio.

Para cubrir unha vacante ou posto de nova creación nestas categorías, a empresa comunicará ó Comité de Empresa a existencia de tal posto.

A continuación, no prazo de 5 días hábiles, a empresa decidirá e publicará os requisitos ou probas de exame a realizar, non podendo realizarse este nun tempo inferior a 15 días nin superior a 30. A estas convocatorias poderá concorrer calquera do cadro de persoal, formulando a oportuna solicitude dentro do prazo que se sinale.

Se a convocatoria quedara deserta pola falta de candidatos internos ou por non acadar estes a puntuación mínima requirida, a empresa podará cubri-la dita vacante por libre designación ou nova convocatoria á que poida optar persoal alleo á empresa.

O tribunal cualificador deberá establece-las cua

lificacións definitivas e publicalas nun prazo máximo de 8 días, a partir da data de terminación das probas.

O tribunal terá facultades para, unha vez anunciada a vacante ou posto de nova creación, decidir sobre a necesidade de realizar probas de aptitude, ou en caso negativo establecer directamente a orde de prioridade.

Acceso á categoría. Para a realización efectiva do cambio de categoría, establécense os seguintes períodos de proba:

-6 meses para postos de libre designación.

-3 meses para postos de persoal cualificado.

-15 días para postos de persoal non cualificado.

Durante o período de proba, o traballador percibirá o salario correspondente á nova categoría, pero non se efectuará o cambio efectivo da mesma. Se transcurrido o dito período os informes non fosen positivos, romitiranse ó tribunal cualificador quen valorará, de se-lo caso, o retorno ou non á categoría anterior.

Capítulo VI

Representación dos traballadores

Artigo 28.-Comité de Empresa e delegados do persoal. Nesta materia estarase a todo o disposto no título segundo do Estatuto dos traballadores.

Existe un Comité Intercentros, que é o máximo órgano representativo dos traballadores e que se rexe polos seus propios estatutos; as súas competencias son as seguintes:

a) Está lexitimado para negociar convenios colectivos na empresa, regulamentos e calquera outro tipo de actos que afecten ós intereses xerais dos traballadores da compañía, sen prexuizo das competencias que nos seus respectivos ámbitos poidan te-los comités de centros de traballo, delegados de persoal e seccións sindicais.

b) Deberá recibir información periódica e documentada sobre a situación da empresa que atribúe o art. 64 da Lei do Estatuto dos traballadores ós comités de empresa nas súas respectivas esferas.

c) O Comité Intercentros deberá observa-lo debido segredo profesional na forma que regula o artigo 65.2 do Estatuto dos traballadores.

d) Deberá ser informado mensualmente sobre o número de horas extraordinarias realizadas no período anterior, causa das mesmas e medidas adoptadas para a súa diminución ou supresión cando sexa posible.

e) Poderá acceder, previa comunicación da compañía, ós locais nos que se celebre algunha reunión de comités de empresas, contando co consentimento destes, así como ás asembleas de traballadores que se celebren nos locais da compañía.

f) Co obxecto de que aqueles centros de traballo que non estean representados no Comité Intercentros poidan estar debidamente informados, a secretaría permanente poderá convocar reunións coa representación sindical de cada un destes centros, previa comunicación á compañía cunha periodicidade de

dúas reunións anuais como máximo e unha duración para cada unha delas de un día.

g) As seccións sindicais legalmente constituídas, poderán acumular horas sindicais en un ou varios dos seus membros.

Artigo 29.-Seccións sindicais. O funcionamento de seccións sindicais no ámbito da empresa así como os dereitos dos delegados sindicais, axustarase ó disposto no art. 10 da Lei 11/1985, do 2 de agosto, Lei orgánica de liberdade sindical.

Cando os sindicatos ós que representen os delegados, obtivesen ó menos un 30 por cento dos votos a elección do Comité de Empresa nese centro de traballo, aplicarase a escala seguinte.

De 0 a 50: ningún delegado.

De 51 a 200: un delegado.

Artigo 30.-Fondo económico. Créase un fondo económico a cargo da empresa, destinado a financia-las xestións do Comité Intercentros derivadas da súa representatividade. O dito fondo será de 275.000 ptas. para 1993.

Artigo 31.-Canon de negociación. Establécese un canon de negociación de convenio, a cargo da compañía, que se fixa na cantidade de 225.000 ptas, o cal se poñerá á disposición das seccións sindicais representadas na mesa de negociación; a dita cantidade dividirase proporcionalmente segundo a representación na dita mesa.

Capítulo VII

Normas supletorias

Artigo 32.-Pago de remuneracións. O pago de remuneración total correspondente a cada traballador efectuarase ó día final de cada mes. En caso de que este coincidira en festivo, aboarase o día inmediatamente anterior.

O traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do traballo xa realizado sen que chegue o día sinalado para o pago e sen xustificación algunha.

Artigo 33.-Sancións. Cando se apliquen sancións moi graves ó persoal da empresa, esterase en todo caso ó que marque o Estatuto dos traballadores no seu artigo 64, apartado 1.6. Non obstante, antes de sancionar ó traballador será informado o Comité Intercentros, por escrito e con antelación de 3 días.

Artigo 34.-Comisión paritaria.-Co alcance e funcións previstas no artigo 85.2 do Estatuto dos traballadores, desígnase a Comisión Paritaria composta por 6 membros titulares e outros 6 suplentes; 3 titulares e 3 suplentes por designación da empresa e 3 titulares e 3 suplentes por elección dos traballadores.

Artigo 35.-Comité de seguridade e hixiene. Créase un comité de seguridade é hixiene e condicións de traballo na empresa, tendo como competencias as seguintes:

a) O seu ámbito de aplicación comprenderá tódolos factores presentes no centro de traballo, que poidan ter algún efecto sobre a saúde.

b) Información completa dos factores risco (maquinaria, materia prima, procesos, etc.), así como os danos ocorridos no centro de traballo (accidentes, enfermidades laborais, etc.).

c) Dereito a inspeccionar tódolos lugares de traballo, emitir informes, e propoñer solucións, podendo contar para iso coa Mutua e Inspección de Traballo.

d) Dispoñer dun crédito de horas suficientes, para poder desenvolve-lo seu labor, cun máximo de 15 horas/mes.

Artigo 36.-Gratificación de nocturnidade. Establécese unha gratificación de nocturnidade de 2.000 ptas. por xornada nocturna traballada.

Primeira.-Para todo iso que, en materia de regulación das condicións de traballo, atópase previsto no presente convenio, ámbalas dúas partes acordan en aplicar supletoriamente as disposicións que non sexan incompatibles coa propia actividade desenvolvida por Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. En todo caso, será de aplicación directa ou supletoria o Estatuto dos traballadores.

Segunda.-Os operarios que realicen o seu traballo en cámaras frigoríficas terán unha gratificación de cámara de 1.500 ptas. por mes efectivo de traballo.

Terceira.-Acórdase factura-la mercancía ós empregados para consumo persoal, a prezo de custo +5%.

Cuarta.-Dietas. Para o persoal de fóra da fábrica que teña dereito a dietas, cobraraas, salvo mellora preexistente, segundo as seguintes confias:

* Comidas: 1.600 ptas.

* Almorzos: 200 ptas.

* Ceas: 1.400 ptas.

* Hotel: 3 estrelas.

Estes importes serán aboados previa xustificación dos gastos.

Quinta.-Quilometraxe. O prazo do quilómetro, para todo aquel persoal con dereito a percibilo, será de 24 ptas.

Sexta.-Todo conductor que conducindo un vehículo cometese unha infracción que ocasionase a retirada de carné de conducir, terá dereito a desempeñar sen perda de categoría laboral o posto que designe a empresa por tempo indefinido. Sen embargo todo aquel conductor que sexa reincidente ou a causa do sinistro sexa inxustificada a súa acción será estudiada pola comisión creada para o efecto, composta por dous membros do comité e dous da empresa e adoptadas as medidas oportunas. No caso que así se decida pagarán as comisións segundo o resultante da media anual que houbese percibido.

Sétima.-Prima por domingo e festivo. Pagarase a razón de: 4.000 ptas. + un día libre.

Oitava.-Vestiario.

As prendas e os grupos profesionais ós que é de aplicación este artigo son:

* Distribución: 2 pantalóns de inverno, 2 pantalóns

de verán, 2 camisas de inverno, 2 camisas de verán, 2 gravabas, 1 chaqueta tea máis anorak ou chaqueta de napel, 2 xerseis, 1 par de zapatos.

* Fabricación: 2 pantalóns, 2 camisas, 2 chaquetas, 2 gorros, 2 xerseis de colo alto.

* Mantemento: 1 anorak, 2 pantalóns, 2 camisas, 2 chaquetas, 2 monos, 2 xerseis colo alto.

* Control de calidade xeral: 2 batas brancas, 2 pantalóns brancos.

* Persoal de mostras: 1 anorak, 2 xerseis colo alto.

* Durante o mes de maio revisaranse as prendas de inverno do persoal que lle corresponda. As que se atopen en bo uso servirán para a próxima temporada invernal. As prendas deterioradas cambiaranse durante o mes de setembro seguinte, previa entrega das mesmas. Durante os meses de setembro-outubro revisaranse as prendas de verán seguindo o procedemento descrito.

* As prendas que deban repoñerse, farase durante os meses de abril e maio. En calquera caso, ó iniciarse unha temporada de inverno ou verán, o persoal non terá menor ou maior dotación de prendas que as establecidas.

* As prendas entregadas serán de uso obrigatorio. Para recibir unha prenda nova será requisito entrega-la usada.

Novena.-Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto á intimidade e/ou contra a liberdade das traballadoras e traballadores, conductas de acoso sexual verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, valoradas con rigor pola dirección xeral en función da repercusión do feito. Nos supostos en que se leve a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persoa afectada e/ou sobre persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O Comité de Empresa, Xunta de Persoal, Sección Sindical ou representantes dos traballadores e a Dirección de Persoal da Empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectado procurando tapa-la súa identidade, cando así fose requirido.

Décima.-Establécese un plus para postos de traballo tóxicos, de 10.000 ptas./mes.

Ámbalas dúas partes consideran tóxicos os dous postos de limpeza de queixería.

ANEXO I

CLASIFICACIÓN SEGUNDO FUNCIÓNS:

CATEGORÍAS E DEFINICIÓNS

O persoal da empresa LARSA, afectado por este convenio, clasificarase, en atención á función que desempeña, nalgún dos seguintes grupos:

1.-Persoal directivo.

2.-Persoal técnico.

3.-Persoal administrativo.

4.-Persoal comercial.

5.-Persoal subalterno.

6.-Persoal obreiro.

Persoal directivo.

-Defínese como persoal directivo as persoas que desempeñan funcións de dirección no seo da empresa nos cargos de presidente, xerente, directores, subdirectores e xefes de planta, non regulados polo presente convenio colectivo.

Persoal técnico.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Titulado superior.

Titulado medio.

Xefe de fabricación.

Xefe de sección.

Encargado.

Capataz.

Controlador distrito leiteiro.

Oficial de laboratoio.

Auxiliar de laboratorio.

Titulados superiores: son aqueles que, posuíndo un título profesional oficial de carácter universitario, de escola técnica de grao superior, ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, desenvolven nas mesmas funcións propias da súa titulación ou coñecementos.

Titulados medios: son os que tendo un título facultativo de escola de grao medio, escola universitaria ou coñecementos equivalentes en materias recoñecidas pola empresa, desempeñan as funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos, baixo a supervisión directa da dirección ou titulados superiores.

Xefes de fabricación: son os que, baixo a supervisión directa do director de producción, tañen responsabilidades de planificación, dirección, coordinación e control dos procesos de producción e de mantemento das máquinas e instalacións, establecendo a forma de face-lo traballo, dirixindo e coordinando o persoal e encargado de mantemento.

Xefes de sección: son os que baixo a supervisión directa do director correspondente teñen a responsabilidade da sección, exercendo as funcións de dirección, coordinación e control dos encargados, capataces e operarios da sección, así coma das distintas tarefas de sección, observando o funcionamento dos distintos órganos que comprende a mesma, respondendo da disciplina do persoal, da distribución do traballo, a boa execución do mesmo e a conservación dos útiles e instalacións.

Encargados: son os que, con coñecementos e experiencias amplos, tanto teóricos coma prácticos sobre os procesos productivos, dirixen, coordinan e controlan os traballos de varias liñas de producción, baixo a supervisión directa do xefe de fabricación

ou do xefe de sección, sendo responsables da forma de execución, disciplina do persoal e conservación dos útiles e instalacións.

Capataces: son os que, con coñecementos e experiencia amplos sobre procesos de almacén de productos terminados e materias auxiliares, baixo a supervisión do seu inmediato superior, e polas súas especiais condicións se lles confía a dirección dun grupo de traballadores.

Controlador de distrito leiteiro: son os que desenvolven as funcións de vixilancia e control do servicio de recollida e transporte, estatísticas de producción, toma de mostras, control e asesoramento dos gandeiros no mantemento e mellora dos seus medios de producción, gando, cortes, instalacións, etc., e outras funcións que lles poidan confia-los seus superiores en relación coa modificación, limpeza, comprobación das cualidades nos distritos leiteiros, como calquera outro traballo de control e asesoramento.

Colabora cos seus xefes nas funcións de liquidación e pagamento ós gandeiros.

Oficial de laboratorio: son os que, con coñecementos técnicos e prácticos, a nivel de formación profesional de 1º ou 2º grao, ou coñecementos similares recoñecidos pola empresa das normas, instrumentos e procesos de análises de laboratorio, realizan toda clase de análises físicas, químicas ou bacteriolóxicas na empresa, ou verifican os procesos de elaboración, producción e de producto terminado, con responsabilidade técnica sobre os mesmos, baixo a supervisión directa do responsable do laboratorio ou departamento de calidade.

Auxiliar de laboratorio: son os que, con coñecementos técnicos e prácticos mínimos, fan análises físico-químicas de maneira instrumental e axudan ós oficiais de laboratorio nas tarefas sinxelas que poidan ter unha rápida comprobación.

Persoal administrativo.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

Xefes de primeira.

Xefes de segunda.

Oficial de primeira

Oficial de segunda

Auxiliares

Telefonista

Xefes de primeira: son os empregados que, provistos ou non de poderes, baixo a supervisión do director correspondente, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controlar unha ou varias seccións administrativas, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo.

Xefes de segunda: son os empregados que, provistos ou non de poderes limitados, e supervisados por un director ou xefe de primeira, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar ou controlar unha sección ou grupos de traballo administrativos, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo entre

o persoal que del dependa. Queda incluído nesta categoría o tesoureiro, responsable de caixa.

Oficiais de primeira: son os empregados que, baixo a supervisión dun xefe de 1ª ou de 2ª, teñen a responsabilidade dun servicio ou función determinado, dentro do cal exercen iniciativa e posúen responsabilidade, con ou sen persoal a cargo, para o que se precisan coñecementos xerais de administración á nivel de FP1 ou semellante e coñecementos amplos do servicio ou función correspondente.

Inclúese nesta categoría as funcións de secretaria de dirección, caixeiro, cobros e pagamentos, sen sinatura nin fianza, transcrición de libros oficiais contables, programadores e operadores de informática.

Oficiais de segunda: son os empregados que teñen iniciativa e responsabilidade restrinxida sobre un servicio ou un conxunto de tarefas administrativas para as que se precisan coñecementos básicos sobre as tarefas ou servicio que desempeñan.

Auxiliares: son os empregados que desempeñan tarefas e operacións elementais administrativas, para as que necesitan coñecementos básicos administrativos.

Telefonista: son os empregados que teñen como funcións atender á centralita telefónica da empresa e recibi-las chamadas que cheguen á mesma, de acordo coa política que a empresa estableza para os ditos temas.

Persoal comercial.

Este grupo comprende as categorías profesionais seguintes:

-Xefes de venda.

-Supervisores de vendas.

-Promotor de vendas.

Xefes de vendas: son os que, baixo a supervisión directa do director de vendas ou comercial, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controla-la acción comercial da empresa nunha ampla zona de mercado, dándolle sentido de unidade, planificando, distribuíndo o traballo ó persoal de vendas que estea ó seu cargo, e animando a xestión de vendas.

Participa co seu xefe inmediato na negociación e establecemento de condición de vendas dos clientes.

Responde da disciplina do persoal ó seu cargo e da boa execución dos traballos que se lles asigne.

Supervisores de vendas: son os empregados que, baixo a supervisión do xefe de vendas, teñen a responsabilidade de coordinar, animar e controla-la acción comercial dun grupo de promotores de vendas, ou área de mercado.

Inspectores ou promotores de vendas: son os empregados que, baixo a supervisión directa do xefe de vendas ou supervisor, recorren as zonas, rexións ou rotas que se lles asigna, a fin de realizar visitas a clientes, promover vendas, ofrecer artigos, vixia-la colocación dos artigos nos puntos de venda, así coma para controlar e anima-la acción comercial dos

repartidores e auto vendas, xestionar cobros de operacións morosas ou calquera outra misión que se lles encomende relacionada coa venda ou distribución dos productos.

Cando permanezan no centro de traballo, poderán ocuparse en tarefas de estatística, controles diversos ou traballos semellantes.

Persoal subalterno.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Almaceneiro.

-Controlador.

-Vixilante.

Almaceneiro: son os operarios que teñen a responsabilidade da recepción das mercancías e despacho de productos, coas operacións complementarias de medición, pesaxe, colocación en estanterias, etc., así coma o rexistro e control de existencias permanente e movemento diario de mercancías e productos.

Controlador: son os operarios que teñen a responsabilidade de controlar e vixia-la carga de productos terminados que diariamente efectúa o persoal de reparto e distribución, así coma de almacén de productos terminados e cámara de frío.

Vixilante: son os traballadores que teñen a responsabilidade de vixia-las instalacións da empresa, coida-los accesos á mesma, controlando as entradas e saídas de persoas, materias primas, previo pesaxe destas, realizando as tarefas de custodia e vixilancia, de acordo coas instruccións recibidas dos superiores.

Persoal obreiro.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Peóns.

-Especialistas de terceira.

-Especialistas de segunda.

-Especialistas de primeira.

-Oficiais de terceira.

-Oficiais de segunda.

-Oficiais de primeira.

Peóns: son os operarios que realizan labores que requiren a práctica operatoria previa para a súa execución.

Especialistas: comprende esta categoría, nas súas tres clasificacións de primeira, segunda e terceira, aqueles operarios que, despois dun determinado período de prácticas, realizan tarefas e operacións do proceso inicial de producción.

Neste sentido, a clasificación corresponderá coas definicións seguintes:

Especialistas de terceira: son os operarios que coñecen e realizan unha operación de proceso industrial e están á fronte dunha máquina, respondendo do funcionamento da mesma.

Especialistas de segunda: son os operarios que coñecen e realizan varias operacións de proceso e

están á fronte de máquinas de carta complexidade, respondendo do funcionamento das mesmas. Considéranse dentro desta categoría os seguintes grupos:

-Encaixonadora.

-Conductores de carreta.

-Carga, descarga e limpeza de cisternas.

-Mostra brik.

Especialistas de primeira: son os operarios que coñecen e realizan as operacións e tarefas de maior complexidade e que requiren maior destreza. Considéranse dentro desta categoría os seguintes postos:

-Elaboración e envasado de iogurt, pasteurizada, aséptico, queixo fresco, postres, nata, manteiga, leite en po, etc.

-Envasado dos productos anteriores, caldeiras e compresores, esterilización, desecado (torre).

Oficiais: son os operarios que, feita nas condicións legais establecidas a aprendizaxe dun oficio determinado, desempeñan funcións propias do mesmo.

Quedan comprendidos neste grupo os conductores de recollida, distribución, mecánicos, electricistas, carpinteiros, albaneis, soldadores, etc. Os operarios encadrados neste grupo de oficios, clasifícanse nas seguintes categorías:

Oficiais de terceira: son os operarios que, despois de face-la aprendizaxe dun oficio non alcanzaron os coñecementos e experiencia necesarios para executa-los traballos coa corrección esixida a un oficial de segunda.

Oficiais de segunda: son os traballadores que realizan coa corrección adecuada os traballos do seu oficio, pero sen posuír unha especialización que lles permita desempeña-los traballos máis complexos con perfección.

Oficiais de primeira: son os operarios que, posuíndo un oficio practícano e aplícano con alto grao de perfección, facendo traballos de carácter xeral e de carácter especializado no seu oficio.

Se algún posto non estivese recollido, no presente documento por ser de nova creación ou modificación, reuniríase a Comisión Mixta Paritaria para a súa clasificación.

Reunidos a dirección e o Comité Intercentros de LARSA, acordan establecer un banco horario para as horas extras realizadas na fábrica de Vilagarcía, que funcionará como a continuación se detalla:

1. De tódalas horas extras realizadas polo persoal de LARSA, destinarase o 50% delas ó fondo horario e aboaranse o 50% restante.

2. O prezo da hora extra a pagar, será de 1.000 ptas. c/u. a partir do mes seguinte ó da sinatura do convenio.

3. As horas extras que pasen a formar parte do fondo horario e que se descansen, pagaranse a 400 ptas./hora.

4. As horas extras incluídas no fondo horario e non descansadas, complementaranse ata as 1.000 ptas./hora.

5. O saldo máximo que poderá existir no dito fondo horario será de 2.250 horas. A partir do dito saldo, tódalas horas sérán pagadas a prezo de 1.000 ptas.

6. Os domingos e festivos que se traballen, pagaranse ó mesmo prezo actual, é dicir, 4.000 ptas, máis un día de descanso.

7. Constitúense unha comisión de seguimento do funcionamento do fondo horario, co fin de aclarar e resolver cantas dúbidas xurdan, durante o funcionamento desta. Por parte da representación sindical, comporán a dita comisión, Valentín Fernández Currás e César García Balboa e por parte da empresa Pablo Pascual García e Jesús Crussat Méndez.

8. A empresa obrígase a facilitarlle á representación sindical, mensualmente, o número de horas extras realizadas, descansadas e o saldo total acumulado resultante.

9. As condicións actuais de funcionamento do fondo horario, terán vixencia ata o 31-12-1995, data na cal, o comité se compromete a renegocia-las condicións deste. Mentres duren as negociacións das novas condicións do fondo horario, seguirán vixentes as condicións actuais, ata que estas sexan variadas.

VIgo, 1 de decembro de 1994.