Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.832

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995 pola que se distribúen territorialmente os gastos a comprometer para a execución do Plan Mega durante 1996.

Dado o carácter plurianual do Plan Mega, e en aplicación dos límites legais establecidos polo artigo 58 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia para compromisos de gasto con cargo a exercicios vindeiros, os gastos a comprometer con cargo ó exercicio de 1996 ascenden a 2.450 millóns de pesetas, cantidade que resulta de aplica-la porcentaxe do 70% ós 3.500 millóns de pesetas que figuran nas partidas orzamentarias correspondentes ó Plan Mega 08.02.631-B.670.00 e 08.02.631-B.670.02 do exercicio corrente, polo que se fai preciso distribuí-lo dito crédito entre as catro provincias da Comunidade Autónoma.

Polo exposto,

RESOLVO:

Os créditos a comprometer para 1996 en execución do Plan Mega quedan distribuídos entre as distintas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio da seguinte forma:

-A Coruña: 608,8 millóns de pesetas.

-Lugo: 828,1 millóns de pesetas.

-Ourense: 479,7 millóns de pesetas.

-Pontevedra: 533,4 millóns de pesetas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 18-5-94, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio