Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.832

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 138/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar cambio de tensión subestación de Vilagarcía a 20 kV, afectando os concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados e Ribadumia, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de cambio de tensión subestación de Vila

garcía a 20 kV, afectando os concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados e Ribadumia.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra