Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.832

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 66/1995, do 8 de marzo, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Coímbra (Portugal), é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Coímbra (Portugal), encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día nove de marzo ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, oito de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente