Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

CONVOCATORIA para a provisión en propiedade de dúas prazas de funcionarios.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 43, do 21 de febreiro de 1995, publícanse integramente as convocatorias específicas e as bases xerais que rexerán a provisión en propiedade por concurso-oposición, de unha praza de administrativo e unha de auxiliar incluídas na oferta de emprego público de 1994.

O prazo de presentación de instancias solicitando participar en cada convocatoria será de vinte días naturais que comezarán a contar desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas convocatorias publicaranse unicamente no Boletín Ofi

cial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Monfero, 22 de febreiro de 1995.

Andrés Feal Varela

Alcalde