Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995 pola que se aproba a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante nesta corporación, de conformidade coas normas de provisión aprobadas polo Pleno da corporación na sesión do 24 de abril de 1992.

BASES

1.-Procédese á convocatoria pública para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución.

2.-Poderán concorrer a ela os funcionarios que pertenzan á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e ás corporacións locais comprendidas no territorio da dita comunidade, que reúnan as condicións para acceder ó posto segundo as características do mesmo que se sinalan no anexo I.

3.-As solicitudes presentaranse no modelo de instancia que figura como anexo II no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral desta corporación (Avda. Alférez Provisional, s/n, A Coruña) ou nas oficinas referidas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.-Xunto ás solicitudes, os aspirantes achegarán o seu currículum vitae e xustificarán mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados desta maneira non serán tidos en conta.

5.-Se o nomeamento recae nun funcionario destinado noutro organismo, requirirase o informe favorable deste. De non emitirse o informe no prazo de quince días hábiles, considerarase favorable.

6.-Os nomeamentos deberán efectuarse no prazo máximo de un mes, contado desde a finalización do de presentación de solicitudes. O dito prazo poderá prorrogarse, excepcionalmente, ata un mes máis.

7.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade có novo, ou de un mes se radica en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

8.-A presente convocatoria e os actos derivados desta poderán ser impugnados de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 24 de febreiro de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervía

Secretario

ANEXO I

Denominación: secretario/a Viceintervención.

Adscrición: Intervención Xeral.

Escala: A.X.

Grupo: D.

Nivel C.D.: 15.

C. específico: 377.988 ptas.

Descrición: Secretaría de Viceintervención.