Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1995, da Dirección Xerencia do complexo hospitalario Cristal-Piñor, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento de urxencia, para a contratación do servicio de unificación de toda a documentación médica existente no complexo hospitalario Cristal-Piñor e no hospital Santa María Madre, e posterior almacenaxe en locais sitos no complexo hospitalario Cristal-Piñor.

A Dirección Xerencia do complexo hospitalario Cristal-Piñor, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o seguinte concurso público para a contratación, polo procedemento de urxencia, do servicio de unificación de toda a documentación médica existente no complexo hospitalario Cristal-Piñor e no hospital Santa María Madre, e posterior almacenaxe nos locais sitos no complexo hospitalario Cristal-Piñor.

1.-Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de unificación de toda a documentación médica existente no complexo hospitalario Cristal-Piñor e no hospital Santa María Madre, e posterior almacenaxe nos locais sitos no complexo hospitalario Cristal-Piñor de Ourense. O orzamento para esta contratación fíxase en corenta e cinco millóns novecentas sesenta mil pesetas (45.960.000 ptas.), IVE incluído.

II.-Clasificación dos contratistas: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

III.-Prazo de execución: o servicio obxecto do presente concurso público será realizado no prazo máximo de doce meses, contados desde a data de formalización do contrato.

IV.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser

solicitada no Servicio de Compras do complexo hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52, Ourense, en días laborais desde as 9 ata as 13 horas.

V.-Fianza provisional: o 2% do orzamento de licitación, segundo o disposto no art. 112 da L.C.E. e 340 do seu Regulamento.

Fianza definitiva: o 4% do orzamento adxudicado.

VI.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do complexo hospilatario, antes das 13 horas do décimo quinto día hábil contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma sinalada no art. 100 do R.X.C.E.

VII.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección Xerencia do complexo hospitalario ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

VIII.-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público correrán por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 16 de febreiro de 1995.

F. Javier Ayape Amigot

Director xerente do complexo hospitalario

Cristal-Piñor