Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación directa das obras de remate da cuberta e colocación de zócolos no centro de saúde Novoa Santos de Ourense.

-Obra: remate da cuberta e colocación de zócolos no centro de saúde Novoa Santos de Ourense.

-Orzamento da contrata: 6.599.674 ptas.

-Prazo de execución: 2 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Fianza definitiva: 263.987 ptas.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na D. X. de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas no décimo primeiro día natural a partir da publicación da contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

Presentarase un sobre pechado coa documentación sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola Comisión de Contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios da presente contratación directa serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1995.

P.D. (Decreto 199, do 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos