Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación da obra de construcción de 10 vivendas unifamiliares adosadas en Crecente (Pontevedra).

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, da seguinte obra:

-Obxecto: construcción de 10 vivendas unifamiliares adosadas en Crecente, Pontevedra.

-Orzamento: 86.169.973 pesetas.

-Sistema de adxudicación: concurso aberto.

-Prazo de execución: 18 meses.

-Fianza provisional: dispensada en aplicación do R.d. 1.883/1979, do 1 de xuño.

-Fianza definitiva: 3.446.799 pesetas.

-Clasificación esixida: C-2.

-Categoría do contrato: c.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación estarán de manifesto e a disposición dos concursantes para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións na Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na Área Central do polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

-Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme ó modelo que se xunta no anexo número 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo antes das 14 horas do vixésimo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase en sesión pública ás 10 horas do décimo día natural, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na Sala de Xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo. De coincidir en sábado ou festivo a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte.

-Documentos que deben aporta-los licitadores: serán os indicados na cláusula 3ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1995.

P.D. (Resolución 16-12-1993)

José Antonio Gil Sotres

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo