Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para adquisición de 100 xogos de bandeiras de España e Galicia con destino a diversos órganos xudiciais radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Obxecto do contrato: subministración de 100 xogos de bandeiras de España e Galicia (50 de exterior e 50 de interior) con destino ós distintos órganos xudiciais radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe de 5.000.000 de pesetas (IVE incluído).

-Prazo de execución: 15 días a partir da sinatura do contrato.

-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas e demais documentación complementaria estará á disposición dos interesados na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de luns a venres, de 9 ás 14 horas, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 45 17.

-Fianza provisional: o 2% polo que se licite, resultando ser de 100.000 ptas.

-Presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ata as 14 horas do día 31 de marzo de 1995.

-Apertura das proposicións: a apertura das ofertas presentadas no prazo hábil, terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ás 12 horas do día 5 de abril de 1995.

-Documentación que deberán aporta-los licitadores: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1995.

(P.D. Orde 13-12-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e

Relacións Laborais