Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público -trámite de urxencia-, para a contratación do servicio de cafetería do centro de E.E. Santiago Apóstol.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso -trámite de urxencia- para a contratación do servicio de cafetería do Centro de E.E. Santiago Apóstol.

-Prezo mínimo de explotación: doce mil pesesetas (12.000 ptas.)

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano), e no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Servicio de Xestión Económica), sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4 da Coruña, e nas restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 ata as 14 horas, nos días hábiles, agás o sábado.

-Modelo de proposición económica: axustase ó modelo establecido, que figura unido ó prego de cláusulas administrativas particulares.

-Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios

Sociais da Coruña, en sobres pechados, ou por correo, de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Apertura das proposicións: realizaraa a mesa de contratación o sexto día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, ás once horas, se coincidise este día en sábado ou festivo, reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

-Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusua 10º do prego de cláusulas administrativas particulares.

-O pago deste anuncio será por conta do/os adxudicatario/os.

A Coruña, 27 de febreiro de 1995.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña