Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, pola que se convoca concurso público para a contratación de asistencia técnica nas feiras «European Seafood Exposition-95» e «World Food Market Anuga-95».

Obxecto: organización e montaxe dos stands institucionais nas feiras «Seafood-95» que se celebrará en Bruxelas (Bélxica), do 9 ó 11 de maio de 1995 e «Anuga-95» que se celebrará en Colonia (Alemaña), do 30 de setembro ó 5 de outubro de 1995.

Prazo de execución: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata as 48 horas seguintes á clausura do certame.

Orzamento: «Seafood-95»: 12.250.000 ptas.

«Anuga-95»: 17.750.000 ptas.

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de solicitudes, sita na Rúa do Sar, nº 75 en Santiago de Compostela.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

Modelo de proposición económica: axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que ser presentadas en sobre pechado no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sito no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela. O prazo de admisión finalizará ás 14 horas da data na que se cumpran quince días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: en acto público ás 11 horas do primeiro día hábil no que se cumpran cinco días naturais, contados desde a data seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. Se esta fora sábado, a apertura será o día seguinte hábil.

Documentos que deben aporta-los licitadores: serán os indicados na cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1995.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras