Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento de urxencia, para a contratación do programa de turismo social para 1995.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 44, do 3 de marzo de 1995, na páxina 1.735, cómpre face-las seguintes rectificacións:

-Na clasificación requirida, onde di: «Grupo III, subgrupo 8, categoría B», debe dicir: «Grupo III, subgrupo 8, categoría C».

-Apertura de proposicións: onde di: «O sexto día natural seguinte ó remate do prazo de presentación...», debe dicir: «O terceiro día natural seguinte ó remate do prazo de presentación na sala de xuntas desta consellería ás 11 horas; se este día cadra en sábado ou festivo, farase o seguinte día hábil á mesma hora».