Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.811

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1995 pola que se adxudican dúas bolsas de linguaxe administrativa inglesa.

A Escola Galega de Administración Pública convocou por Resolución do 29 de novembro de 1994 (DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 1995) dúas bolsas de linguaxe administrativa inglesa.

O tribunal cualificador para a adxudicación destas bolsas, na súa reunión do 10 de febreiro de 1995, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor das dúas candidatas que obtiveron maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e á vista da proposta do tribunal, resolvo outorgárlle-las ditas bolsas a Mª de la Concepción Díaz-Fierros Tabernero e María Rosa Alonso Alonso, que obtiveron 12,38 e 11,56 puntos, respectivamente.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo de un mes recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (art. 114.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso-administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública