Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.811

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995 pola que se adxudica unha bolsa para estimula-la investigación entre titulados universitarios superiores.

A Escola Galega de Administración Pública convocou por Resolución do 5 de decembro de 1994 (DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 1995) unha bolsa para estimula-la investigación entre titulados universitarios superiores.

O tribunal cualificador para a adxudicación desta bolsa, na súa reunión do 15 de febreiro de 1995, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor da candidata que obtivo a maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e á vista da proposta do tribunal, resolvo outorgarlle a dita bolsa a Alba Nogueira López, que obtivo 23,07 puntos.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo de un mes recurso ordinario ante o conselleiro da

Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (art. 114.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso-administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública