Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.811

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1995 pola que se adxudica unha bolsa de investigación reservada a universitarios de recente licenciatura.

A Escola Galega de Administración Pública convocou por Resolución do 7 de decembro de 1994 (DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 1995) unha bolsa de investigación reservada a universitarios de recente licenciatura.

O tribunal cualificador para a adxudicación desta bolsa, na súa reunión do 15 de febreiro de 1995, propuxo a adxudicación en favor do único candidato presentado, é dicir, de José González Vázquez, que obtivo 21,60 puntos.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo de un mes recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (art. 114.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso-administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública