Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no Rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Remolcadores de Vigo, S.A. (Remolcavisa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Remolcadores de Vigo, S.A. (Remolcavisa), ubicada na provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-2-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal, o día 7-2-1995. De conformidade co disposto no artigo 90, 2 e 3, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.)

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Vigo, 13 de febreiro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación á empresa Remolcadores de Vigo, S.A. (Remolcavisa) e ó persoal de flota dos seus buques.

Artigo 2º.-Vixencia, prórroga e denuncia.

O presente convenio entrará en vigor ó 1º de xaneiro de 1995 con independencia da data da publicación no Boletín Oficial da provincia.

A súa vixencia será de un ano con efectos ata o 31 de decembro de 1995, e será denunciado polo menos con un mes de antelación á data do seu vencemento, en caso contrario prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

Mentres as partes, unha vez denunciado o convenio, non teñan asinado un novo que substitúa a este convenio, continuará vixente na súa totatidade.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

Para tódolos efectos o presente convenio constitúe unha unidade indivisible, polo que non se pretenderá unha ou varias das súas cláusulas, rexeitando o resto,

senón que será aplicado e observado na súa integridade e considerado globalmente.

Se a autoridade laboral competente non aprobase algunha das normas deste convenio e este feito desvirtuase o seu sentido a xuízo das partes, quedará sen eficacia a totalidade do convenio, que deberá ser considerado de novo pola comisión negociadora.

Artigo 4º.-Compensación e absorcións futuras.

O conxunto das condicións salariais pactadas neste convenio absorberán e compensarán, no seu conxunto e en cómputo anual, calquera outra mellora parcial que, por disposición legal de carácter xeral e específica para o sector, pactada por calquera orixe que fose, ou no futuro puidese establecerse.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

En todo o establecido neste convenio respectaranse as condicións máis beneficiosas colectivas e ad personam existentes, sempre que no seu conxunto e en cómputo anual sexan superiores ás establecidas no presente convenio.

Artigo 6º.-Período de proba.

1º. Toda admisión de persoal fixo para as actividades comprendidas neste convenio considerarase provisional durante o período de proba variable, conforme o labor ó que o tripulante se dedique, que non será superior á establecida na seguinte escala:

a) Titulados: 75 días.

b) Mestranza e subalternos: 30 días.

2º. No caso de que o período de proba finalice no transcurso dunha travesía, este considerarase prorrogado ata que o buque chegue a porto, pero a vontade por parte do armador de rescindi-lo contrato de traballo por non supera-lo período de proba deberá ser comunicada por escrito ó tripulante nos prazos recollidos no número anterior.

No caso de non cumprirse co recollido no parágrafo anterior considerarase o tripulante como fixo do cadro de persoal.

3º. Nos casos de rescisión do contrato por fin de período de proba, por vontade do traballador, os gastos da viaxe serán ó seu cargo. No caso de que a rescisión sexa por vontade da empresa, os gastos da viaxe ó enderezo habitual do traballador serán por conta da empresa.

4º. Concluído a satisfacción de ambas partes o período de proba, o tripulante pasará a figurar no cadro de persoal fixo da empresa e o tempo do período de proba seralle computado para os efectos de antigüidade.

5º. A empresa, no suposto de rescisión durante o período de proba, entregará a documentación relativa ó tempo efectivamente traballado e o certificado de empresa das cotizacións efectuadas á Seguridade Social..

6º. Unha vez finalizado o período de proba por vontade da empresa e coa chegada ó porto, o traballador percibirá unha gratificación de viaxe consistente en dous días de salario.

7º. A situación de incapaciade laboral transitoria (ILT) durante o período de proba interrompe o cómputo do mesmo.

Artigo 7º.-Comisión de servicio.

Entenderase por comisión de servicio a misión profesional ou cometidos especiais que circunstancialmente ordene a empresa realizar ós tripulantes en calquera lugar, así como a expectativa de embarque cando o tripulante se encontre fóra do seu domicilio por orde da empresa.

Na comisión de servicio os tripulantes devengarán o salario real que viñan desfrutando no seu posto normal de traballo, así como vacacións de convenio.

Se a comisión de servicio se realizara fóra do domicilio do tripulante, percibirá as axudas de custo estipuladas neste convenio.

Cando a comisión de servicio teña unha duración superior a 15 días e se realice no domicilio do tripulante, devengaranse vacacións segundo o establecido na O.T.M.M. (ou norma que a substitúa). En calquera caso, os gastos que poidan realizarse aboaranse logo de xustificación, debendo a empresa adiantar unha cantidade estimada polo importe dos ditos gastos.

O delegado durante a negociación do convenio manterase na comisión de servicio.

Artigo 8º.-Transbordo.

Enténdese como tal o traslado do tripulante dun buque a outro da mesma empresa dentro do transcurso do período de embarque. Existen dúas clases de transbordo:

a) Por iniciativa da empresa.-Por necesidades de organización ou servicio, o transbordo será disposto pola empresa, para o cal se seguirán os seguintes criterios:

a.1) Criterio de excepción para o delegado.

a.2) Orde inversa á da antigüidade na empresa.

a.3) Non ser transbordado máis de unha vez durante o período de embarque.

a.4) Se o tripulante fora transbordado a un buque onde a percepción salarial fora menor á que tiña en condicións homoxéneas de traballo, percibirá por unha soa vez por campaña, e en concepto de indemnización, unha cantidade equivalente á diferencia que resulte entre o percibido no seu último destino e o novo.

b) Por iniciativa do tripulante.-Cando por razóns de localización do seu domicilio e outras causas xustificadas, o tripulante que así o solicite e a empresa poida proporcionarllo. En ambos casos, ata que o traballador non estea enrolado no novo buque, permanecerá nas condicións que viña desfrutando no buque anterior do cal desembarcou, sendo por conta da empresa os gastos de transporte que ocasione o tripulante.

Artigo 9º.-Expectativa de embarque.

Considerarase expectativa de embarque a situación do tripulante que se atopa no seu domicilio, procedente dunha situación diferente á de embarque

ou comisión de servicio dispoñible e a ordes da empresa. A expectativa de embarque durará ata o día anterior no que o tripulante saia do seu domicilio para entrar na situación de «servicio á empresa».

En ningún caso se poderá mante-lo tripulante por un tempo superior a 30 días, pasando a partir dese intre á situación de comisión de servicio.

Durante a expectativa de embarque, o tripulante percibirá o salario profesional e desfrutará das vacacións de ordenanza.

Artigo 10º.-Licencias.

1) Con indiferencia do período convido de vacacións recoñécese o dereito a desfrutar de licencias polos motivos que a continuación se enumeran:

De índole familiar, para asistir a cursos ou exames para a obtención de títulos ou nomeamentos superiores ou cursos de carácter obrigatorio, complementarios ou de perfeccionamento e capacitación na mariña mercante que sexan necesarias por lei, a empresa verase obrigada a facilita-la obtención dos ditos cursos ós traballadores do cadro de persoal e para asuntos propios.

2) A concesión de toda clase de licencias corresponde ó naviero-armador. O peticionario deberá presenta-la oportuna instancia e o naviero-armador adoptará a resolución sobre a mesma, dentro dos 30 días seguintes á súa solicitude.

Nos supostos de licencias por motivos de índole familiar, os permisos que se soliciten deberán ser concedidos polo capitán no momento de seren solicitadas, desembarcando o tripulante no primeiro porto cos medios máis directos de desprazamento e dentro dos límites xeográficos contemplados no apartado número 3.

3) Os gastos de desprazamento para o desfrute das licencias correrán a conta do peticionario a excepción dos ocasionados por morte do cónxuxe ou fillos, que correrán a conta do armador, quedando restrinxido o dereito ó desembarque e reembarque a tódolos portos de Europa, Mar Mediterráneo, Mar Negro e os portos de África ata o paralelo Noadibou. Non obstante, quedan excluídas destas limitacións xeográficas as causas de enfermidade grave ou morte do cónxuxe ou fillos.

4) Licencias por motivo de índole famliar.

Estas licencias serán retribuídas nos seguintes casos:

-Matrimonio: 20 días.

-Nacemento de fillos: 15 días.

-Enfermidade grave cónxuxe, fillos, pais e irmáns, incluso políticos: ata 10 días.

-Morte cónxuxe e fillos, incluso políticos: 15 días.

-Morte de pais e irmáns, incluso políticos: 12 días.

-Traslado de domicilio: 1 día.

Non obstante estes prazos, e atendendo as excepcionais circunstancias que poidan concorrer nalgunhas situacións xustificadas, a empresa concederá os días necesarios.

Ningunha das licencias descritas nestes apartados

do número 4) serán acumuladas ás vacacións, a excepción da de matrimonio, que si se poderá acumular. Non obstante o parágrafo anterior, o tripulante embarcado, logo de comunicación á compañía de navegación, poderá optar á dita acumulación no caso de natalidade.

Os tripulantes que desfruten das licencias previstas neste apartado, percibirán o seu salario profesional.

As licencias empezarán a contar desde o día seguinte ó desembarco.

5.-Cursos por necesidade da empresa.

Cando algúns dos cursos se realicen por necesidade da empresa, o tripulante atoparase en situación de comisión de servicio todo o tempo que duren os cursos. Se os tripulantes se integrasen a calquera dos cursos nas vacacións, estas quedarán interrompidas. Unha vez finalizado o curso, seguirá o desfrute das mesmas.

6.-Licencias por asuntos propios.

Os tripulantes poderán solicitar licencias por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora por un período de ata seis meses que poderán concederse polo naviero en atención ás fundamentos que expoña o solicitante e ás necesidades do servicio.

Estas licencias non terán dereito a retribución de ningunha clase.

Artigo 11º.-Excedencias.

1) Excedencia voluntaria.

Poderá solicitala todo tripulante que conte polo menos con un ano de antigüidade na empresa. As peticións resolveranse no prazo dos 30 días seguintes á data da presentación.

O prazo mínimo para as excedencias será de seis meses e o máximo de 5 anos. Se o excedente, un mes antes de finaliza-lo prazo para o que se lle concedeu a excedencia, non solicitase o seu reingreso na empresa, causará baixa definitivamente na mesma.

Se solicitase o reingreso, este efectuarase tan pronto exista vacante na súa categoría.

No suposto de que non existise vacante da súa categoría e o excedente optara voluntariamente por algunha categoría inferior, dentro da súa especialidade, percibirá o salario correspondente a esta ata que se produza a súa reincorporación á categoría que lle corresponde.

O excedente, unha vez reincorporado á empresa, non poderá optar á solicitude dunha nova excedencia ata que non transcorreran polo menos catro anos de servicio activo na compañía, desde a finalización daquela.

O tempo transcorrido nesta situación non se computará para ningún efecto.

2) Excedencia forzosa.

Dará lugar á situación de excedencia forzosa calquera situación orixinada polas seguintes causas: nomeamento para calquera cargo político ou sindical de ámbito provincial ou superior, electivo ou por designación.

Nos casos de cargo político ou sindical, a exce

dencia comprenderá todo o tempo que dure o cargo que o determine e outorgará dereito a ocupa-la mesma praza que desempeñaba anteriormente, computándose o tempo de excedencia como en activo para tódolos efectos.

O excedente deberá solicita-lo seu reingreso dentro dos 30 días seguintes ó cesamento no seu cargo político ou sindical. Caso de non exerce-la dita petición dentro deste prazo, perderá o seu dereito ó reingreso na empresa.

Artigo 12º.-Escalafóns.

A empresa levará obrigatoriamente un escalafón público onde figure todo o persoal da mesma, co seu cargo e antigüidade.

O dito escalafón deberá encontrarse actualizado anualmente e á disposición directa dos tripulantes de cada buque, entregando copia ó delegado de persoal.

Artigo 13º.-Axudas de custo e viaxes.

Axuda de custo é a cantidade que se devenga diariamente para satisface-los gastos de manutención e estadías que se orixinen no desprazamento fóra do domicilio.

Percibiranse axudas de custo nos seguintes casos:

1) Comisión de servicio fóra do domicilio.

2) Durante o tempo de viaxe necesario para o embarque ou desembarque ata a chegada ó seu domicilio.

3) Na expectativa de embarque fóra do domicilio.

As axudas de custo no territorio nacional pagaranse a razón de 7.875 ptas. por cada unha das viaxes, sexa para o embarque ou de regreso ó enderezo, establecéndose os seguintes conceptos e valores:

Comida: 1.800 ptas.

Cea: 1.575 ptas.

Almorzo: 500 ptas.

Aloxamento: 4.000 ptas.

A empresa entregará como mínimo a cantidade de 5.000 ptas. ós traballadores (en concepto de anticipo) para que poidan satisface-los gastos que se orixinen no desprazamento ó embarque ou ó desembarque, xustificando os gastos ocasionados; no caso de que, por motivos xustificados, teñan que realizarse gastos superiores, entregaranse á empresa os recibos oportunos para a súa consideración para efectos do reembolso.

No estranxeiro, a empresa estará obrigada a facilita-los medios de transporte e aloxamento máis idóneo e adecuado ó tripulante.

A empresa aboará os gastos de viaxe, elixindo o tripulante o medio de transporte más idóneo, adecuado e directo, quedando excluídos os taxis de alugueiro e as clases de luxo. Para os taxis de longo percorrido considerarase como tal as distancias superiores a 25 quilómetros.

No caso de uso destes medios, a súa utilización deberá estar xustificada por falta de billetes doutro tipo para o seu urxente embarque ou porque da súa utilización se deriven maiores economías que os propios gastos. O tripulante presentará os comprobantes.

En todo caso o tripulante percibirá por adiantado da naviera ou armador ou do seu representante o importe aproximado dos gastos de locomoción e, se é o caso, de que non entreguen os correspondentes billetes de pasaxe.

No caso de que os gastos de desembarco por accidente ou enfermidade se aboen pola empresa ós tripulantes, estes estarán obrigados a enviarlle á mesma os correspondentes xustificantes.

Artigo 14º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais. A diferencia entre esta xornada era que se realice na mañá do sábado, compensarase en descansos anuais para os tripulantes na forma que se detalla no artigo 16 do presente convenio. Os sábados, domingos e festivos soamente se empregarán para gardas de mar, gardas de fonda, emerxencia do buque ou, a carga, así como para as manobras de porto e fondeo sempre e cando se realicen dentro da xornada laboral que ten asignada a tripulación nun día ordinario, suplementándose mediante un plus de gardas e traballos, que se establece en 221 ptas./horas.

No caso de que estes traballos se realizaran fóra do horario establecido para os tripulantes nun día ordinario, pagarase o valor establecido. para a hora extraordinaria de acordo coa respectiva categoría.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán de libre ofrecemento por parte do armador ou dos seus representantes e a prestación das mesmas será sempre voluntaria por parte dos tripulantes, salvo nos seguintes supostos:

1.-Os traballos de fondeo, atraque e desatraque, emendadas previas, aperturas e cerres de zapóns e arranches.

2.-No mar, sempre que as necesidades da navegación así o esixan para chegar a boa fin a viaxe iniciada polo buque e en porto cando a programada saída do porto o requira.

3.-Atención da carga e as operacións necesarias para que o buque poida realiza-la carga e descarga, así como aprovisionamento sempre e cando por te-lo buque que zarpar inmediatamente, non poida realizarse en xornada normal. Nestes casos utilizarase unicamente o persoal estrictamente necesario.

4.-Atención de autoridades no porto e traballos similares de ineludible realización.

5.-En situación de socorro a outros buques ou persoas en perigo ou cando foran necesarias ou urxentes durante a navegación para a seguridade do buque, persoas ou cargamento.

6.-Nos supostos de formalidades aduaneiras, corentena e outras disposicións sanitarias.

A natureza das horas extraordinarias na mariña mercante ten carácter especial; consideraranse como horas estructurais, dado que as mesmas se producen por continxencias necesarias na navegación, imprevisibles na maior parte dos casos. A consideración

do buque como centro de traballo da tripulación no réxime especial da mariña mercante fai que a compensación retribuída das horas extraordinarias teña unha natureza específica de cálculo do seu valor.

Establécese unha garantía retributiva para as horas extraordinarias; o seu valor está recollido na táboa salarial anexa.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións devengaranse a razón de 0,5 días por cada día de embarque, a razón de 30 días de vacacións por cada 60 días de embarque ou situación similar. Cando por necesidades do servicio faise necesario o embarque dun tripulante antes de finaliza-las súas vacacións, os días desfrutados acumularanse ó seguinte período de vacacións, se ben o embarque non se producirá antes do desfrute das 4/5 partes das mesmas. En calquera caso o embarque anticipado non deberá producirse en dúas ocasións consecutivas. En casos de alta por enfermidade ou accidente, o tripulante pasará a desfruta-las vacacións que teñan devengadas, non rexendo o prazo mínimo a que se refire o parágrafo anterior.

Considerarase como situación asimilada o embarco para efectos de vacacións, as seguintes: expectativa fóra do domicilio, desprazamentos para embarque, reparacións para o buque e baixas por accidente de traballo ou enfermidade que requira hospitalización e polo tempo que precise a dita hospitalización.

Artigo 17º.-Relevos de persoal de vacacións.

Empresa e tripulantes están obrigados ó estricto cumprimento do réxime de vacacións establecido neste convenio, non podendo en ningún caso ser compensadas economicamente, admitindo como límite de flexibilidade o regulado a continuación:

A empresa poderá efectua-los relevos do persoal que teña que desfrutar das súas vacacións da seguinte forma:

15 días antes daquel que corresponda ó devengo das mesmas ata 15 días despois do dito prazo de devengo.

Artigo 18º.-Incremento salarial.

Os valores salariais están reflectidos na táboa salarial anexa a este convenio.

Artigo 19º.-Traballos especiais.

Teñen consideración de traballos especiais aqueles dos que a realización, en condicións normais, non é obrigatoria para os tripulantes, por corresponderen os ditos traballos a traballadores de terra.

Dado o carácter voluntario da realización destes traballos, o tratamento económico pactarase libremente entre o armador e os traballadores.

Exclúense aqueles traballos que tradicionalmente se viñeron efectuando.

Este punto será desenvolvido pola comisión paritaria, formada polo empresario e os traballadores.

Artigo 20º.-Baixas por enfermidade profesional e accidente laboral.

Durante o tempo de baixa por enfermidade profesional ou accidente, percibirase o 100% da base de cotización do tripulante afectado, durante os 30 primeiros días, o resto segundo a lexislación vixente, referido sempre ó mes embarcado inmediatamente anterior ó da súa baixa e devengará vacacións de convenio.

Os traballadores que con ocasión dun accidente resultaran incapacitados para o exercicio da súa profesión mariña, terán dereito a incorporarse a un posto no cadro de persoal de Remolcavisa de terra, nos postos de nova creación ou vacantes que se produzan na categoría profesional adecuada.

Se fose necesario incluso se facilitaría a reciclaxe profesional adecuada.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes.

Establécese a cargo da empresa e a favor dos tripulantes un seguro de accidentes, para cubri-los riscos de morte e invalidez permanente, coas seguintes contías:

Por morte: 5.000.000 de ptas.

Por invalidez permanente: 5.000.000 de ptas.

Artigo 22º.-Perda de equipaxe a bordo.

En caso de perda de equipaxe a bordo por calquera membro da tripulación debido a naufraxio, incendio ou calquera outro accidente non imputable ó ou ós prexudicados a empresa aboará como compensación as seguintes cantidades:

a) Por perda total: 100.000 ptas.

b) Por perda parcial: unha cantidade que non será superior ás 100.000 ptas. a xuízo do capitán, unha vez oído o delegado dos tripulantes e o interesado.

En caso de que por parte da empresa se aboe indemnización de vestiario ou se faciliten uniformes e estes artigos foran danados, a indemnización reducirase un 20%.

En caso de falecemento do tripulante, esta indemnización será aboada ós seus herdeiros.

Artigo 23º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse con carácter extraordinario 2 pagas extras, unha antes do 30 de xuño e outra antes do 15 de decembro.

Artigo 24º.-Roupa e servicios de lavandería.

1.-A roupa de traballo será por conta da empresa atendéndose ó establecido nas normas de seguridade e hixiene no traballo.

2.-O lavado da roupa da cama, toallas e servicio de fonda, correrá a cargo da empresa, así como proverá os buques de medios pertinentes para o lavado dos efectos persoais dos tripulantes (lavadora, prancha ou pranchadora e secadora).

Roupa de traballo a bordo.

Todo o persoal embarcado dispoñerá en perfecto uso dos efectos seguintes:

A) Oficiais de ponte.

Disporán de funda, un equipo de auga completo,

un casco (lanterna e luvas), segundo necesidades e en cantidades suficientes (ante entrega do vello).

B) Oficiais de máquinas.

Disporán de dúas fundas, un casco, calzado especial de seguridade, lanternas e luvas, segundo necesidades e en cantidades suficientes (ante entrega do vello).

C) Contramestres e mariñeiros.

Disporán de tres fundas ou similar, un equipo de auga completo, un casco, calzado especial (lanterna e luvas), segundo necesidades e en cantidades suficientes (ante entrega do vello).

D) Engraxadores.

Percibirán os mesmos efectos que os de cuberta, agás roupas de auga que utilizarán a xa citada comunmente para o departamento de máquinas.

E) Persoal de cociña.

Os cociñeiros dispoñerán de dúas chaquetas brancas, dous pantalóns, tres camisetas brancas e seis mandís.

Os camareiros de dúas chaquetas brancas e dous pantalóns.

Todo o persoal embarcado dispoñerá dunha cartilla onde se reflicta a roupa e efectos que reciben. Os efectos transferibles (cascos, lanternas, chuvasqueiros, etc.) serán entregados ó desembarco ós seus respectivos xefes de departamento.

Os criterios para cambio de roupa serán levados segundo o estado de uso dos ditos efectos.

A comisión de abordo, delegado dos tripulantes ou membro do comité de empresa de flota, xunto co xefe de departamento, determinarán o estado dos mesmos.

Artigo 25º.-Traballo de reparación.

Estando o barco en reparación fóra do porto base, o persoal embarcado estará nas mesmas condicións que co barco en servicio para tódolos efectos.

Co barco no porto base, o persoal que traballe a bordo será a xornada normal e os días computaranse como embarcado: se durante a realización dos citados traballos non se lles dá servicio de comidas e dormida a bordo, aboaráselle-las axudas de custo establecidas no artigo 13º do presente convenio e entregaráselle-lo importe das viaxes que teñan que realizar para os desprazamentos para efectua-lo dito traballo (ós traballadores que vivan fóra da localidade onde se realice a reparación).

Artigo 26º.-Comidas especiais.

Enténdese por comidas especiais as que se preparan para datas sinaladas como os días 1º de maio, Nosa Sra. do Carme, Noiteboa e Noitevella. A cantidade, calidade e tipo de comida para estes días será a criterio do cociñeiro e comisión de comidas e a compañía correrá cos gastos.

A manutención para ningún efecto será a consideración de salario, por conseguinte non será esixi

ble durante as vacacións, permisos, licencias, baixa por enfermidade, accidentes ou outras situacións similares. Tampouco se aboará coas pagas extraordinarias nin con calquera outro devengo que recoñeza a Ordenanza de Traballo da mariña mercante.

Artigo 27º.-Cadros de persoal operativos.

Establécense os seguintes cadros de persoal operativos:

Buque mariñeiroBuque explotador

CapitánCapitán

Xefe de máquinasXefe de máquinas

1º oficial de ponte1º oficial de ponte

1º oficial de máquinas1º oficial de máquinas

CociñeiroCociñeiro

ContramestreContramestre

EngraxadorEngraxador

Artigo 28º.Actividade sindical.

Norma 1

O tripulante que resulte elixido como representante ou delegado de persoal, exercerá as súas funcións sindicais representativas con toda liberdade durante o tempo para o que fora elixido, a salvo sempre das súas obrigacións de traballo.

O exercicio destas funcións concrétase nas seguintes facultades:

1) Expresar con enteira liberdade as súas opinións nas materias concernentes á esfera da representación sindical.

2) Reunirase co resto da tripulación para deliberar sobre temas de actividade sindical.

3) Promove-las accións que sexan necesarias para a defensa dos dereitos ou do interese sindical dos seus representados.

4) Gozar de protección eficaz contra calquera acto de usurpación, abuso ou inxerencia que afecte o libre exercicio da súa función e poida prexudicarlle, incluído o despedimento, pola súa condición de representante dos traballadores da súa actividade sindical, ou da súa afiliación ó sindicato, etc.

5) Interrompe-la súa actividade laboral no buque cando as esixencias da súa representación sindical impoñan unha intervención directa ou inaprazable para intentar solucionar calquera problema que afecte os intereses dos tripulantes, logo de aviso ó capitán.

Norma 2

O delegado de persoal dispoñerá dunha reserva de 20 horas laborais retribuídas mensuais para o exercicio da súa actividade nos seguintes casos:

a) Asistencia a congresos, asembleas, consellos, coordinadoras, se é o caso, e, en xeral, a calquera clase de reunións a que fora convocado polo sindicato.

b) Participación en seminarios, cursos ou actividades de carácter formativo sindical, promovidos polo sindicato ó que pertenza ou cando expresa ou persoalmente sexa convocado.

c) Actos de xestión que deba realizar por cargo do seu sindicato ou por razóns das súas obrigacións específicas. Para os mesmos casos poderán, ademais, utilizar ó seu cargo, as horas necesarias.

O delegado de persoal garantirá a non demora do buque pola súa asistencia a cursos.

Norma 3

Dereitos e funcións do delegado de persoal.

1) Vixiar polo estricto cumprimento das normas laborais regulamentarias ou pactadas, especialmente as relativas á xornada de traballo, control de quendas de vacacións, horas extraordinarias, etc.

2) Ser informado por escrito, preceptiva e previamente sobre sancións impostas ós tripulantes por faltas moi graves.

3) Non ser trasbordado contra a súa vontade en tanto dure o exercicio do seu cargo sindical.

4) Convocar asemblea no buque por propia iniciativa ou cando o solicite un tercio da tripulación.

5) Utilizar tódolos servicios de impresión, comunicación e oficina de abordo para o desenvolvemento das súas funcións sindicais, se fora necesario.

Aquelas comunicacións que afecten ámbalas partes, correrán a cargo da empresa; as que sexan única e exclusivamente de carácter sindical correrán a cargo dos tripulantes.

6) Cando a actuación do delegado do buque realizada fóra do centro de traballo, supoña xestión en defensa dos intereses dos seus representados, e se exerza diante da empresa, ou diante da autoridade laboral logo de citación desta, considerarase que se encontra en situación asimilada á comisión de servicio, percibindo a totalidade dos devengos que lle correspondera percibir de ter prestado a súa actividade laboral.

Norma 4

Os tripulantes poderán exerce-lo seu dereito de asemblea logo de aviso ó capitán. A asemblea non entorpecerá as gardas, nin quendas de traballo, quedando, en todo caso, a salvo a seguridade do buque e a súa dotación. O delegado de persoal será o responsable do seu normal desenvolvemento.

Norma 5

Poderán acollerse a excedencia por motivos sindicais aqueles tripulantes que foran designados para ocupar calquera cargo de responsabilidade en calquera sindicato legalmente establecido. Esta excedencia concederase a todo tripulante calquera que fose a súa antigüidade na empresa polo prazo de duración do seu cargo.

O excedente ocupará a mesma praza que desempeñaba anteriormente, computándose o tempo de excedencia para efectos de antigüidade. O reingreso deberá solicitarse polo interesado dentro do mes seguinte ó seu cesamento no cargo sindical que ostente.

Norma 6

O delegado de persoal terá as seguintes funcións:

1) Negociar e vixia-lo cumprimento do convenio e as actas de aplicación do mesmo na empresa e os demais pactos que se asinen entre esta e os seus tripulantes.

2) Ser informado pola dirección da empresa:

a) Anualmente, coñecer e ter á súa disposición o balance, a conta de resultados, e a memoria.

b) Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións do cadro de persoal, venda e posta en situación de fóra de servicio ou cambio de bandeira dos buques e sobre os plans de formación profesional da empresa.

c) En función da materia de que se trata:

-Sobre a implantación e revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias.

-Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa cando isto supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

-O empresario facilitará ó delegado información das contratacións, suspensións ou extincións dos contratos, así como modelo ou modelos de contrato de embarque que utilice, estando lexitimado o delegado para efectua-las oportunas reclamacións ante a empresa e, se é o caso, ante a autoridade laboral competente.

-No referente as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidade profesional e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, o movemento de ingresos, cesamentos e os ascensos.

Artigo 29º.-Día do Carme.

O día 16 de xullo, festividade da Nosa Señora do Carme, patrona da mariña mercante, ten a consideración de festivo non recuperable.

Artigo 30º.-Idiomas.

O presente convenio será asinado e publicado nas súas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 31º.-Artigo derradeiro.

Ámbalas partes acordan que en todo o non disposto no presente convenio aplicarán o disposto no convenio da mariña mercante e na lexislación xeral vixente.

Disposición adicional

As partes asinantes do presente convenio foron:

Pola representación empresarial:

Cándido Correa García.

E pola representación dos traballadores:

Manuel Martínez Santomé.

E como asesor sindical:

Serafín Sa Pazó; S.L.M.M.-CC.OO.

Acta derradeira

En vigo o sete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Reunidos: dunha parte, en nome e representación da empresa Remolcadores de Vigo, S.A. (Remolcavisa), Cándido Correa García, e da outra o delegado de persoal Manuel Martínez Santomé, asesorado por Serafín Sa Pazó, como responsable do Sindicato Libre da Mariña Mercante de Comisións Obreiras.

As partes asinantes recoñecen ter chegado a un total acordo respecto á negociación do convenio colectivo, asinado en consecuencia en tódalas follas que o integran.

Así mesmo acordan elevar á autoridade laboral o texto do convenio para a súa homologación.

Por canto antecede, as partes, recoñecendo reciprocamente o logro dun total e completo acordo sobre tódolos puntos do convenio, asinan a presente acta, en proba de conformidade e asumindo o compromiso de velar polo cumprimento do acordado, e facer que se observe na súa integridade, asinan a presente acta.

En Vigo o un de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Sendo as 11 horas do día arriba sinalado na sede social da empresa, sita na rúa Cánovas del Castillo, 22, de Vigo.

Reunidos co fin de dar por constituída a mesa negociadora para o convenio colectivo do ano 1995 da empresa Remolcadores de Vigo, S.A. (Remolcavisa). Dunha parte, en nome e representación da empresa, Cándido Correa García, e da outra do delegado de persoal, Manuel Matínez Santómé, asesorado por Serafín Sa Pazó, como responsable do Sindicato Libre da Mariña Mercante de Comisións Obreiras.

Unha vez coñecida a representación tanto da parte empresarial como social, ambos se recoñecen como interlocutores válidos, e declaran formalmente constituída a mesa negociadora.

A parte social fai entrega neste acto dun anteproxecto de convenio, que é recibido pola parte empresarial.

En proba de conformidade, asínano no lugar e data arriba sinalados.