Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 65/1995, do 24 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto 22 RVL 94 - Chantada.-Alargamento e mellora da E. P. de Chantada por Sernande ós Peares, p.k. 0,800-1,100 e 2,200-2,550.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 16 de setembro de 1994, aprobou o

proxecto de 22 RVL, 94-Chantada.-alargamento e mellora da E.P. de Chantada por Sernande ós Peares, p.k. 0,800-1,100 e 2,200-2,550, e na sesión celebrada o día 31 de outubro de 1994 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 de Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións laborais o día 9 de febreiro de 1995 baixo o número 1.125.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 13 de febreiro de 1995, baixo o número 1.286.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque son obras de grande interese provincial, xa que figuran incluídas no Plan Provincial de 1994.

A competencia para a declaración de urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2 e 28.2 do Estatuto de autonomía para Galicia.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 22 RVL, 94-Chantada.-Alargamento e mellora da E.P. de Chantada por Sernande ós Peares, p.k. 0,800-1,100 e 2,200-2,550.

Santiago de Compostela, vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Manuel Diez Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais