Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.811

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 24 de febreiro de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas convocadas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, pola que se convoca ós aspirantes das especialidades de patróns e contramestres para a celebración do segundo exercicio, da fase de oposición.

Primeiro: convócase ós aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición das espe

cialidades de patróns e contramestres da escala de mariñeiros especializados, para a celebración do segundo exercicio, de carácter eliminatorio, que consistirá nunha práctica de navegación marítima; para a súa realización dispoñerán dun período máximo de unha hora.

Segundo: os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Terceiro: o exercicio iniciarase o día 10 de marzo, ás 9 horas, no Centro de Control de Calidade do Medio Ambiente Mariño, peirao de Vilaxoán, Vilagarcía, Pontevedra.

Cuarto: os aspirantes da especialidade de patróns serán citados por orde alfabética, empezando pola letra «O», no taboleiro de anuncios do citado centro con, como mínimo, 12 horas de antelación á celebración de cada proba. A continuación serán convocados polo mesmo procedemento os contramestres.

Quinto: convócase: especialidade de patróns.

-Día 10 de marzo ás 9 horas:

a) Promoción interna:

-Roel Martínez, José Manuel.

b) Acceso libre:

De: Ordás Patiño, Gerardo a Pousada Miguez, Manuel (inclusive).

Ferrol, 24 de febreiro de 1995.

Jesús Espada Martínez

Presidente do tribunal