Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.801

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 63/1995, do 24 de febreiro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto do local nº 1, planta baixa e entreplanta, sito na rúa Illas Canarias de Lugo, feita a favor do Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro de saúde.

Mediante Resolución do 28 de decembro de 1994 o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo acordou cede-lo local nº 1, planta baixa e entreplanta sito na rúa Illas Canarias de Lugo ó Servicio Galego de Saúde, para a construcción dun centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do consello da Xunta de Galicia, para a adquisición de bens a título gratuíto. Por outra banda, o artigo 23.1 da mesma lei establece que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames cargas ou afeccións impostos sobre estes exceda o seu valor intrínseco, se ben non se consideran cargas, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde e coas condiciós estipuladas na resolución do 28 de decembro de 1994 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintecatro de febreiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-

1. Acéptase a cesión a título gratuíto dun inmoble, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, feita a favor do Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro de saúde.

2. O inmoble cedido é o local nº 1, planta baixa e entreplanta de 903,60 m e 1.245,84 m respectivamente, comunicado interiormente entre si con escaleiras e ascensor propios, do edificio ou bloque, con fronte á rúa Illas Canarias e rúa de nova apertura na cidade de Lugo.

As demais características e lindeiros son os que constan na escritura de obra nova e división horizontal outorgada o 15 de xullo de 1994, ó tomo 1.149, libro 710, e folio 55, predio nº 70.623.

3. O local obxecto de cesión atópase inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo a favor do Instituto Galego da Vivenda e Solo, por título de división horizontal, no tomo 1.149, libro 710, folio 55, predio nº 70.623, inscrición primeira.

Artigo segundo.-

O inmoble cédese libre de cargas e destinarase á construcción dun centro de saúde.

Artigo terceiro.-

O Servicio Galego de Saúde a través do seu órgano competente procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público, inscribíndose no Rexistro da Propiedade o seu nome e integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vintecatro de febreiro de rnil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e

Presidente do SERGAS