Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de estudio de detalle.

O Pleno do Concello, en sesión do 9 de febreiro de 1995, aprobou inicialmente o estudio de detalle de iniciativa particular, redactado polo arquitecto José Manuel Míguez León, que se tramita por instancia de Promociones Valentín y Veiga, S.L., para reaxusta-las alineacións e rasantes, previstas nas normas subsidiarias de planeamento municipal, na vía denominada Camiño da Costa, que enlaza a rúa Gondomar coa rúa Jesús Espinosa, en Gaifar-Panxón.

Ó propio tempo acordou a suspensión das licencias na zona afectada, ata a aprobación definitiva.

Durante o prazo de quince días seguintes ó da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia poderá ser examinado o expediente e formularse alegacións.

Nigrán, 14 de febreiro de 1995.

Avelino Fernández Alonso

Alcalde